Policía Nacional investiga a agresión a un mozo na Coruña e vincúlaa a outro posible caso de homofobia na cidade​

A Policía Nacional investiga a agresión a un mozo na Coruña, ocorrida na madrugada do pasado 13 de novembro e que se denunciou o día 17, e se a mesma "ten tinguiduras homófobos ou non", explicaron a Europa Press desde este corpo policial.



|

Estremecida aínda polo crime que acabou coa vida de Samuel Luiz, A Coruña parece non saír da espiral de violencia contra o colectivo LGTBI que atravesa a cidade. 


Axentes da Policía Nacional investigan unha agresión, ocorrida o pasado 13 de novembro, contra un mozo e, segundo o primeiros indicio, podería tratarse dun novo episodio de hombofobia. 


Concentración na praza de María Pita da Coruña convocada por colectivos LGTBI para reclamar xustiza para Samuel, o mozo que recibiu unha malleira mortal na Coruña

Protestas na Coruña polo asasinato de Samuel Luiz | Foto: EP


A Policía Nacional investiga a agresión a un mozo na Coruña, ocorrida na madrugada do pasado 13 de novembro e que se denunciou o día 17, e se a mesma "ten tinguiduras homófobos ou non", explicaron a Europa Press desde este corpo policial.

Os feitos, segundo fontes consultadas, producíronse no portal da vivenda onde reside o mozo, de nacionalidade brasileira e que leva pouco tempo vivindo na Coruña.

En concreto, do pouco que lembra do sucedido, segundo apuntaron, o autor "chamou ao portal e el pensou que quería ligar e accedeu a camiñar". Ademais, precisaron que no traxecto é onde se produciu a agresión.

"Rebentáronlle a cara e non lle roubaron", dixeron tras poder falar coa contorna da vítima e sobre uns feitos que tiveron lugar na zona de Santa Margarita. Tamén confirmaron que o agredido, que se recupera das lesións, xa presentou denuncia, extremo tamén ratificado pola Policía Nacional.

"Investígase se esta agresión ten tinguiduras homófobos ou non", sinalaron desde o corpo policial, que sinalaron que "non hai ningún indicio sobre a persoa que puido ser o autor dos feitos". "Nin investigado, nin sospeitoso", apostilaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE