Asociación promina de Touro utiliza a persoas en paro para inflar o apoio ao proxecto, acusan plataformas críticas

Colectivos contrarios ao macroproyecto da mina de Touro denuncian ante a Consellería de Emprego e Igualdade as prácticas de Cobre San Rafael, favorables á reapertura do complexo.


|

Colectivos contrarios ao macroproyecto da mina de Touro denuncian ante a Consellería de Emprego e Igualdade as prácticas de Cobre San Rafael, favorables á reapertura do complexo.


Neste sentido, e segundo a versión das plataformas ecoloxistas e veciñais, acusan á empresa de utilizar ás persoas desempregadas que lles entregan o seu currículo para engadir os seus datos á 'Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro O Pino', inflando así de maneira irreal o número de apoios ao proxecto.


Cornado Mina Non

Plataformas contra a mina de Touro


Un novo episodio na guerra entre os promina de Touro e os contrarios á súa reapertura ten como protagonistas inesperados a persoas que integran a cola do paro en Galicia. A plataforma veciñal 'Cornado Mina Non' acusa a Cobre San Rafael, empresa promotora do proxecto mineiro e ligazón entre Atalaia Mining e Explotacións Galegas -os verdadeiros interesados na reapertura da mina-, de utilizar ás persoas que entregan a súa currículm nas oficinas da compañía para integralos automaticamente na 'Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro O Pino'.


Desta forma, a organización ten un número de asociados "inflado" pola necesidade destas persoas para conseguir un emprego e simulando así "apoio social". Desde a plataforma veciñal xa levaron a súa denuncia ante a Consellería de Emprego e Igualdade, que considera esta manobra "un basto acto de manipulación" ao utilizar a eses "supostos socios" para engordar as súas cifras de apoio.


Desta maneira, en apenas unha semana o colectivo pasou de contar con máis dun milleiro de afiliados a superar os 1.300. "Que aínda teniendo en cuenta a irrealidade da cifra non deixan de ser persoas en situación de desemprego que no seu maior parte descoñecen o uso torticero que se está facendo do seu requirimento laboral", lamenta a plataforma veciñal.


A poucos se lles escapa que a asociación promina non deixa de ser un instrumento das empresas promotoras do proxecto, e así o critican os veciños, que tachan a Cobre San Rafael e a asociación de ser "as dúas caras da mesma moeda". Un apoio que, doutra banda, parece tamén inflarse na rede.


"Ademais chama a atención que a súa conta de Facebook do colectivo instrumental da mineira pasara ao pouco tempo da súa creación duns poucos seguidores a máis de 6.400, o que fai pensar, como xa vén alertando en liña, da potencial compra de followers nunha política totalmente prohibida pola rede social. En contraste, a conta de 'Mina Touro O Pino Non' ten máis de 8.600 persoas reais conectadas e a de 'Cornado Mina Non' máis de 1.700 acumuladas ao longo de anos de loita veciñal", comentan.


CAMPAÑA DE GEÓLOGOS GALEGOS?

Noutra orde, a plataforma veciñal tamén critica ao delegado en Galicia de o Ilustre Colexio Oficial de Geólogos, Pablo Núñez Fernández, pola súa campaña a favor do proxecto de reapertura da mina.


"É totalmente inaceptable que Núñez, como empregado de Cobre San Rafael tamén membro da súa asociación instrumental de 'Mineiros Touro O Pino',  fale en nome de todas as  geólogas e geólogos colexiados en Galicia cando nin todos saben que isto ocorre en semellantes termos nin por suposto todos están a favor do 'Proxecto Touro', porque á parte das tarefas de exploración e investigación mineira este colectivo profesional tamén traballa en moitos outros ámbitos diferentes, por exemplo no ensino en centros de educación media e superior", agregan.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE