A proposta 'GAIA101' é o proxecto gañador para o deseño do centro de investigación na Cidade das TIC
A proposta GAIA0101, presentada por Guadalupe Piñera, Jesús Irisarri, Enrique Blanco, Patricia Sabín e Joaquín Martín, resultou gañadora do concurso de ideas convocado pola Universidade da Coruña (UDC) para o deseño do novo edificio Centro de Investigación TIC Intelixencia Artificial (CITIC IA) na Cidade das TIC, que se situará nas instalacións da antiga fábrica de armas.
O edificio que se situará na Cidade das TIC será un centro de I+D+i, denominado CITIC IA.
O primeiro premio recibirá unha gratificación económica de 20.000 euros; 10.000 euros para o segundo e 7.000 euros para o terceiro.
Proposta GAIA101 | Foto: UDC
(CITIC IA) na Cidade das TIC, que se situará nas instalacións da antiga fábrica de armas.
Segundo informa o reitorado, en segundo lugar, o xurado elixiu o deseño TICA0021, presentado por Santiago Barge en colaboración con María Belén Bouza e Guillermo Lozano. En terceiro lugar, escolleuse a idea FITO2022, de Alejandro Rodríguez coa colaboración de María Mera e Martín Álvarez.
Finalmente, o xurado, que valorou a excelente calidade de todos os traballos presentados, decidiu entregar un accésit á proposta CTIC2030, de Gustavo Figueira coa colaboración de Diego Díaz e Javier Pombar. O primeiro premio recibirá unha gratificación económica de 20.000 euros; 10.000 euros para o segundo e 7.000 euros para o terceiro.
O edificio que se situará na Cidade das TIC será un centro de I+D+i, denominado CITIC IA. Ocupará unha superficie inicial de 6.500 metros cadrados construídos, pero o edificio debe incluír a posibilidade de crecemento ao dobre da súa superficie.
Escribe o teu comentario