A denuncia dunha candidato a Navantia excluída por "exceso de madurez e coñecemento profesional" é rexeitada

O xuíz entende que eran prazas júnior e que "cobra sentido" excluír á demandante por ter un perfil sénior

|

 

O titular do Xulgado do Social número 1 de Ferrol desestimou a demanda presentada por unha aspirante a unha das prazas de técnico superior júnior nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol e que fora excluída por "exceso de madurez e coñecemento profesional".


Arquivo - Proceso de construción dos buques AOR para a Armada australiana nos estaleiros de Navantia Ferrol


O maxistrado considera que a candidata presentouse a unhas prazas júnior e que "cobra sentido" excluír á demandante por ter un perfil sénior, é dicir, de maior experiencia, categoría á que tamén se inscribiu pero na que non foi admitida ao estimar a empresa que non cumpría co perfil.


Na sentenza, publicada o pasado 4 de novembro, o maxistrado apunta que debido a que Navantia é unha empresa pública, o acceso debe de rexerse "polos principios de igualdade, mérito e capacidade", afirmación que sustenta na lexislación vixente e en sentenzas do Tribunal Supremo.

Tamén considera probado que a demandante obtivo unha das mellores puntuacións, pero a pesar diso, estima que debido á súa experiencia non pode ser consideraba como júnior, a pesar de que se lle permitiu realizar as probas de acceso e non foi rexeitada a súa inscrición, ao cumprir coas bases destas prazas.

Tras esta sentenza desfavorable a demandante xa anunciou que interpoñerá un recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE