​Arquivan a causa contra os '19 de Meirás' pola "ocupación simbólica" do Pazo en 2017

Así o perciben os e as integrantes do grupo '19 de Meirás', o grupo que ocupou de forma "simbólica" o Pazo de Meirás para reclamar a súa devolución a patrimonio público e arrebatarllo á familia do ditador Francisco Franco, despois de que o Xulgado de instrución nº 2 de Betanzos decretase o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta contra eles.


|

O colectivo celebra a "vitoria" pero gardan cautela: a decisión do Xulgado de instrución nº 2 de Betanzos non é firme.


A familia Franco, impulsores da demanda, aínda pode recorrer o arquivo e sobresemento provisional da causa ante a Audiencia Provincial.


IMG 20170830 120851

Protesta en Meirás | Foto: 19 de Meirás


Unha batalla gañada, pero non a guerra. Así o perciben os e as integrantes do grupo '19 de Meirás', o grupo que ocupou de forma "simbólica" o Pazo de Meirás para reclamar a súa devolución a patrimonio público e arrebatarllo á familia do ditador Francisco Franco, despois de que o Xulgado de instrución nº 2 de Betanzos decretase o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta contra eles.


Con todo, a decisión non é firme e cabe recurso ante a Audiencia Provincial, pero a Xustiza dá a razón nesta ocasión aos manifestantes, que din sentirse aínda "enormemente orgullosas e orgullosos dos que fixemos aquel agosto de 2017". Esta "vitoria", como a catalogan, vén referendar o "espolio perpetrado polo franquismo" e a necesidade de levar a cabo este tipo de accións para "reclamar a devolución de todo o roubado ao pobo galego”.


“Aquela mañá de agosto un grupo de galegas e galegos, nacionalistas e democrátas, realizamos esta acción porque entendiamos que as institucións públicas tiñan que actuar para poñer fin a máis de 80 anos de ignominia”, afirma Anxo Louzao.


A día de hoxe queda absolutamente demostrado que o pazo foi roubado ao pobo galego e que é absolutamente vergoñoso que os herdeiros da ditadura sigan gozando dun patrimonio que foi  espoliado co sangue de milleiros de galegas e galegos”, sostén o portavoz, á vez que reclama que se recupere todo o patrimonio expoliado en Galicia.


TSXG

Desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinalan que o arquivo da causa responde a que, segundo razoa a maxistrada, "non pode atribuírse a responsabilidade a todos e cada un dos intervenientes, dun modo xenérico, individualizado ou discriminado”, xa que non pode determinarse “en ningún dos investigados, en concreto, a causación dos diversos danos”.


Doutra banda, desde o xulgado lembran que os querellantes “nou son un grupo minoritario que requira unha especial protección”, polo que non dá lugar a un delito de odio nin de violación de morada, máis aínda cando os feitos desenvolvéronse durante unha visita guiada ao pazo.


"O xulgado basea a resolución nos argumentos do Tribunal Supremo, que tamén declarou en marzo de 2021 o arquivo das actuacións seguidas, pola súa condición de aforado, contra un deputado do BNG que participou nos feitos", lembran desde o TSXG.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE