(VÍDEO) Traballadoras de residencias cantan a súa versión de 'Resistirei' ante a Xunta pola precariedade que sofren
"Resistitré mentiras e presións, soportarei máis xefes directores e demais", cantan as traballadores dos geriatricos galegos, que reclaman un convenio xusto.
Desde o sector ñamentan que a posición patronal está supeditada aos intereses de grandes grupos, como DomusVi.
Protesta dos traballadores de residencias en Vigo | Foto: EP
Traballadoras de residencias de maiores volveron a concentrarse, esta vez en Vigo, para seguir denunciando as súas condicións laborais, a falta de persoal nos centros xeriátricos, e para reclamar novamente a negociación e firma dun novo convenio colectivo galego, teniendo en cuenta que o anterior caducou a finais de 2019.
A secretaria da asociación Trega (Traballadoras de Residencias de Galicia), Maribel Barreiro, lamentou que este sector leva dous anos sen actualizar o seu marco de relacións laborais, en condicións salariais precarias, e con sobrecarga de traballo por escaseza de persoal.
Nese sentido, advertiu de que algunhas das empregadas nin sequera chegan ao salario mínimo, e lamentou que esas malas condicións non só xeran "secuelas físicas e psicolóxicas" no persoal, senón que se traducen nunha peor asistencia aos usuarios dos centros.
Maribel Barreiro proclamou que non só deben mellorarse as condicións salariais, senón dotar de máis recursos humanos e técnicos aos centros, e advertiu de que a Xunta "debe poñerse as pilas" porque, á fin e ao cabo, é a administración que fixa os cocientes de persoal e as condicións de prestación do servizo. Así mesmo, reclamou á Inspección de Traballo que actúe "como ten que ser", e impoña sancións onde sexan necesarias.
Por outra banda, advertiu de que se incorpora a persoal sen a formación adecuada, e concluíu que "non se pode dar un bo servizo" cando hai enfermeiras que por cada hora nocturna de traballo apenas cobran 2 euros. "Os nosos maiores son cidadáns de primeira e non de terceira, e teñen dereitos", subliñou.
NEGOCIACIÓN PARALIZADA
Mentres, a presidenta de Trega, Sonia Jalda, criticou a posición da patronal, que non acepta negociar o convenio e que está mediatizada polos intereses dos grandes grupos, como DomusVi.
Manifestantes en Vigo | Foto: REDE
"Despois da pandemia a situación empeorou, hai despedimentos e non se renovan contratos, e nin sequera podemos facer folga porque non se poderían cubrir os servizos mínimos", denunciou, á vez que lembrou que, nos últimos dous anos, só celebráronse tres reunións para renovar un convenio que xa foi denunciado en novembro de 2019.
Escribe o teu comentario