Galicia presente no cume do clima Glasgow presentando as claves do a futura Lei do Clima

A Xunta de Galicia expuxo este domingo, durante a súa participación na 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en Glasgow (COP26), as liñas mestras da futura Lei do clima galega, un documento que "dotará á Comunidade dun marco normativo propio que contribúa á consecución da neutralidade climática en 2050.

|

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na COP26

A Xunta de Galicia expuxo este domingo, durante a súa participación na 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en Glasgow (COP26), as liñas mestras da futura Lei do clima galega, un documento que "dotará á Comunidade dun marco normativo propio que contribúa á consecución da neutralidade climática en 2050.

En representación do Goberno autonómico, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo ao longo do día toda unha serie de contactos con representantes dos estados membros da Coalición Under2, "o grupo máis importante de estados e rexións comprometidos coa redución das súas emisións de gases de efecto invernadoiro para loitar contra cámbioo climático".

Tal e como informou a Consellería nun comunicado, a futura norma articularase ao redor dunha decena de eixos, entre os que destaca principalmente a declaración do clima de Galicia como suxeito de dereito, en liña coa Declaración de principios éticos en relación co cambio climático, asinada pola Unesco en 2017.

Así mesmo, preténdese establecer un nova orde de prioridades na política, a economía, a industria e a vida cotidiana, "acorde co nivel de preocupación internacional que xera o cambio climático"; así como reflectir o compromiso de Galicia por conseguir a neutralidadclimática en 2050, asumindo as actuacións que contribúan xa en 2030 á redución do 55% das emisións na Unión Europea con respecto a 1990.

A lei basearase en a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e "buscará acelerar o camiño para garantir a preservación dos recursos naturais e a recuperación e fortalecemento da actividade económica".

Ademais, enmárcase tamén dentro dos obxectivos da Axenda 2030 e terá en conta que "a innovación verde debe estar estreitamente relacionada coa equidade e a xustiza social".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE