As chamas arrasan dous coches, unha moto e dous camións frigoríficos nun incendio nun garaxe do Grove
Un incendio calcinou por completo no Grove (Pontevedra) un garaxe dunha casa no que había dous turismos, dous camións frigoríficos, unha motocicleta e material diverso. A vivenda non sufriu danos e non houbo feridos.
O lume declarouse ao redor da 1 da madrugada no garaxe dunha vivenda de O Gorve, que ademais dos vehículos gurdaba material diverso.
Afortunadamente, e a pesar da voracidade das chamas, o lume non ocasionou danos no inmoble.
Incendio no Grove | Foto: @G24
Un incendio calcinou por completo en O Grove (Pontevedra) un garaxe dunha casa no que había dous turismos, dous camións frigoríficos, unha motocicleta e material diverso. A vivenda non sufriu danos e non houbo feridos.
O 112 deu aviso aos bombeiros do Salnés, tamén á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos do GES de Sanxenxo e de Protección Civil do Grove. Así mesmo, foron informados os bombeiros de Pontevedra, por se nalgún momento fóra precisa a súa colaboración.
Pasadas as 3,00 horas, tanto os bombeiros de Ribadumia como os de Vilagarcía indicaban que o lume estaba controlado, a pesar de que aínda quedaban algúns focos activos pendentes de extinguir.
E aínda que preto das 6,00 horas os bombeiros daban por finalizadas as tarefas de extinción, dúas horas máis tarde os profesionais do parque de Ribadumia volveron ao lugar dos feitos, xa que o lume reavivouse.
Unha vez no punto, arrefriaron a zona e deron por finalizado o seu traballo, aínda que, segundo trasladaron ao 112, permanecerán vixiantes por se o lume volvese reavivarse.
Escribe o teu comentario