Traballadores de Viaqua poñen en valor o labor dos sanitarios nunha Ofrenda ao Apóstolo Santiago
O persoal de Viaqua, unha das principais empresas de xestión de auga en Galicia, realizaron unha ofrenda ao Apostol Santiago. Os operarios puxeron en valor aos traballadores do sector sanitario e dos outros servizos esenciais que sostiveron á boia a toda a sociedade durante a pandemia do coronavirus.

Diana Peleteiro, responsable da ETAP do Tambre en Santiago, exerceu como representante dos traballadores na ofrenda, na que destacou a vocación de servizo de todo o equipo humano, formado por máis de 400 traballadores.
Nos meses máis complicados da pandemia “en Viaqua adaptámonos e puxemos a disposición os medios para dar continuidade ao abastecemento de auga con todas as garantías. A auga, como primerísima necesidade que é, chegou nas condicións de sempre aos fogares, empresas e administracións públicas ás que prestamos servizo”, explicou Peleteiro.
A anticipación coa que actuou Viaqua, levounos mesmo a xestionar instalacións críticas como a Estación de Tratamento Potable de Santiago (ETAP) a través dun modelo de presenza permanente, confinados por quendas nas plantas, aloxados en autocaravanas.
Escribe o teu comentario