A Xunta gastará un 50% máis en asesores o ano que vén segundo os novos orzamentos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o resto de integrantes do seu Goberno sóbense o soldo un 2% nos orzamentos da comunidade autónoma para 2022. Esa porcentaxe será o que aumenten as nóminas de todos os funcionarios o ano que vén.

|

O persoal eventual é o  que ocupa cargos de confianza como, por exemplo, xefes de gabinete, xefes de prensa ou asesores parlamentarios. A súa designación depende totalmente do político de quenda, a quen auxilia, e cesan en canto ese mandatario perde o posto.


Feijóo e os seus conselleiros sóbense tamén o soldo, aínda que na mesma proporción no que subirá o dos funcionarios, un 2%. 


O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, entrega ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o Proxecto de Orzamentos de Galicia para 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, entrega ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o Proxecto de Orzamentos de Galicia para 2022 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o resto de integrantes do seu Goberno sóbense o soldo un 2% nos orzamentos da comunidade autónoma para 2022. Esa porcentaxe será o que aumenten as nóminas de todos os funcionarios o ano que vén.

Así o recolle o proxecto de contas públicas para Galicia que entregou este mércores no Parlamento galego o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

En concreto, Núñez Feijóo pasa de cobrar 78.089 euros a 79.651, mentres que o os seus dous vicepresidentes e o resto de conselleiros ven incrementados os seus salarios de 68.154 a 69.517 euros.

En canto ao persoal eventual de gabinete do Executivo autonómico, o proxecto de orzamentos galegos para o próximo exercicio recolle un total de 6,34 millóns, deles 1,73 correspondentes á Presidencia e 1,11 á Vicepresidencia 1ª da Xunta. 


Son un 50% máis que en 2021, cando a cifra situábase en 4,24 millóns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE