Empresa cordobesa quere "furar" o Macizo Central para unha central hidroeléctrica na Veiga, denuncia Adega

|

A denuncia de Adega non é nova, xa que Galiciapress xa informou no pasado dos plans de Santa Eulalia Enerxía S.L. e os seus efectos sobre a fauna da zona. 


Desde o colectivo ecoloxista denuncian á súa vez que estes proxectos incumben "a un territorio incluído na proposta de ampliación da Rede Natura 2000".


Macizo central turismo

Macizo central ourensán | Foto: Turismo.gal



A asociación ecoloxista Adega denuncia que unha empresa familiar de Córdoba pretende "furar" o Macizo Central cunha nova central hidroeléctrica.


Segundo informa o colectivo nun comunicado, o ministerio acaba de someter a consultas previas para a elaboración do documento de alcance unha solicitude da empresa 'Santa Eulalia Enerxía S.L.' para construír unha central de bombeo en caverna de 160MW na Veiga.

"Non é o único proxecto de central de bombeo en tramitación", sinalan desde a plataforma ecoloxista, á vez que menciona "varios megaproyectos no Macizo Central e A Limia para 'aproveitar excedentes de produción de renovables non gestionables', isto é, acumular a enerxía dos eólicos non colocada no mercado, pero tamén das nucleares", apunta.


A "febre do megawatio", segundo Adega, entra "nunha nova fase especulativa". Agora, asegura, "basta con fundar unha empresa con 3.000 euros, presentar un proxecto hidroeléctrico para furar o Macizo Central e, de prosperar, facer caixa revendiendo a concesión".


A central hidroeléctrica promovida por Santa Eulalia Enerxía S.L."pretende conectar os encoros de Portas e Santa Eulalia, na conca do Xares mediante túneles e a escavación dunha central soterrada baixo o Macizo Central", indica Adega.


As obras precisarán tamén, segundo engade, da apertura de "quilómetros de pistas, canteiras e entulleiras, máis aló da correspondente liña de evacuación eléctrica".


Por último, advirte de que son actuacións que incumben "a un territorio incluído na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que comezou a tramitar a Xunta en 2008, en concreto ao alongamento da ZEC Macizo Central".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE