Pesar en Viveiro pola morte dun veciño electrocutado en Madrid ao caerlle o móbil na bañeira
O Concello de Viveiro (Lugo) mostrou o seu pesar polo falecemento dun veciño de municipio, Santiago Otero, que foi achado morto o pasado mércores na vivenda na que residía en Madrid tras supostamente sufrir un accidente ao caerlle o móbil na auga cando se atopaba na bañeira.
O corpo de Santiago Otero, natural do concello da Mariña lucense, foi atopado no seu domicilio de Madrid.
As primeiras pescudas apuntan a que o home, de 38 anos, faleceu electrocutado cando se lle caeu o teléfono móbil, conectado á rede eléctrica, á bañeira na que se atopaba.
Ambulancia de Madrid | Foto: EP
Natural da localidade mariñá, este home de 38 anos foi localizado por unha muller no interior da bañeira do seu domicilio. Os primeiros indicios apuntan a que a causa do falecemento puido deberse a unha electrocución ao caer o móbil á auga mentres estaba conectado á rede eléctrica.
Este xoves, o tenente de alcalde de Viveiro, Suso Fernández, expresou o seu pesar pola morte deste veciño de Escourido, na parroquia de Covas, aínda que levaba "moitos anos fose" do municipio por razóns laborais.
Santiago Otero, casado e con dúas fillas, era coñecido na zona pola súa vinculación co deporte, xa que militou durante varios anos en distintos equipos de fútbol da comarca.
O responsable municipal ha expresado a vontade do goberno local de prestar a colaboración que necesiten aos familiares e achegados de Santiago Otero, aos que deu o pésame en nome do executivo.
Escribe o teu comentario