Covid municipios: Os casos de covid soben nas áreas da Coruña e Santiago pese a melloría de Cambre e A Coruña cidade


No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como o empeoramento esta semana na área da Coruña trasladouse desde a cidade, que xa recuperou a nova normalidade, a algúns municipios da periferia, como A Laracha ou Cambre, que están en risco medio. 


|



No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como o empeoramento esta semana na área da Coruña trasladouse desde a cidade, que xa recuperou a nova normalidade, a algúns municipios da periferia, como A Laracha ou Cambre, que están en risco medio. 


Afortunadamente, tanto Cambre como A Coruña xa presentan cómputos semanais á baixa, polo que é de esperar que o ascenso desta semana estea en vías de solucionarse. 


O único concello cunha incidencia superior a 250 positivos por cada 100.000 habitantes é Vilariño de Conso.  A Mezquita, A Gudiña, Cortegada, Paradela teñen máis de 125. Todos eles son concellos moi despoblados onde uns poucos positivos bastan para disparar os índices. 





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de  0,9 ; o que quere dicir que na última semana houbo un   10% menos de positivos que na penúltima. 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 


  • Coruña (A) 0,81
  • Vigo 0,71




Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 

  • Cambre 1,41 



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Non hai ningún concello cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte.

 

Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Coruña (A) -4
  • Cambre -2



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os rebotes en certos distritos sanitarios  son cada vez máis habituais, aínda que afortunadamente , por agora son moi modestos e apáganse rápido. Hoxe tócalle a quenda a Santiago e A Coruña, que ven crecer os seus cómputos de infectados por vez primeira desde o verán. 




Neste contexto, a evolución continúa favorable na área de Vigo, que contabiliza nos datos deste domingo 105 infeccións activas (-5); na de Ourense, con 87 (-8); na de Lugo, con 81 (-4); e na de Pontevedra, con 38 (-5).

Os únicos dous ascensos no total de pacientes de covid rexístranse na área da Coruña, que conta con 156 (+4); e na de Santiago, con 62 (+1). 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

A Comunidade galega afronta o domingo da ponte de outubro, o primeiro con Galicia en niveis de 'nova normalidade', cunha continuación da tendencia descendente dos casos activos, que caen ata os 534, 20 menos que os rexistrados a xornada anterior, debido a que as altas seguen superando aos novos diagnósticos.

Esta baixada se replica en cinco das sete áreas sanitarias (Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), mentres que nas outras dúas (A Coruña e Santiago) repuntan lixeiramente.

Neste contexto, a evolución continúa favorable na área de Vigo, que contabiliza nos datos deste domingo 105 infeccións activas (-5); na de Ourense, con 87 (-8); na de Lugo, con 81 (-4); e na de Pontevedra, con 38 (-5).

Os únicos dous ascensos no total de pacientes de covid rexístranse na área da Coruña, que conta con 156 (+4); e na de Santiago, con 62 (+1).



Segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do sábado, crecen tanto os pacientes con coronavirus en unidades convencionais de hospitalización, a 34 (+3); como os de unidades de coidados intensivos, a 10 (+1).

Por áreas sanitarias, tres das sete (A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Vigo) rexistran un repunte dos ingresados nas últimas horas e, a diferenza do que ocorría en días pasados, só una (Lugo-A Mariña-Monforte) reduce este dato. En canto ao resto, mantéñense estables.

Na área coruñesa, os seus hospitais contabilizan 17 pacientes covid: 14 en planta (+2) e tres en UCI (sen cambios). Na de Santiago hai nove, oito en unidades convencionais (+2) e unha en críticos; e na de Vigo oito, sete en planta e unha en coidados intensivos (+1).

Mentres tanto, os ingresados non varían na área de Pontevedra-O Salnés, que contabiliza un paciente en unidades convencionais e outro en coidados intensivos; nin tampouco na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que só contabiliza un na UCI. Así, a de Ferrol segue sen enfermos de covid nos seus hospitais.

En canto á área de Lugo, baixaron a sete os ingresados por coronavirus ao caer a catro os de planta (-1), aínda que se manteñen en tres os que requiren UCI.

EPL0q incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (2)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE