Quen gobernará Cataluña? O PSC descarta investir a Puigdemont aínda que boicotee a Pedro Sánchez
Negociará Puigdemont unha moción de censura no Congreso se os socialistas non ceden, como prometeron hoxe, e non o aúpan á presidencia catalá? ERC, cuxo líder dimitirá, ten a chave de investiri a Illa ou forzar repetición.

A portavoz do PSC, Núria Parlon, afirmou que o PSC non apoiará a investidura do candidato de Junts+, Carles Puigdemont, aínda que lles "ameace con bloquear a gobernabilidade en España".
Díxoo este luns nunha rolda de prensa na sede do partido tras a reunión da Comisión Executiva do PSC, na que instou a Puigdemont a "aceptar o principio de realidade" respecto da vitoria en votos e escanos que obtiveron os socialistas nas eleccións deste domingo.

O resultado do domingo foi o mellor para o PSC desde 2003 e o segundo mellor rexistro da súa historia electoral nuns comicios cataláns.


Escribe o teu comentario