Non había tan poucos positivos desde fai máis de tres meses aínda que a melloría segue achandándose

Certo é que é unha cifra que provén dun día, o sábado, con poucas PCRs, unhas 2.500. Con todo, non subiu a proporción de probas que dá positivo. 


|



Os 61 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a menor cifra desde fai máis de tres meses, en concreto desde o 14 de xuño


Certo é que é unha cifra que provén dun día, o sábado, con poucas PCRs, unhas 2.500. Con todo, non subiu a proporción de probas que dá positivo. 





A incidencia acumulada semanal baixa de 22 a 21. O descenso continúa pero está aplanándose. Galicia segue no risco baixo que conquistou o sábado pero está por ver se evita algún repunte ou o aplanamiento total antes de baixar a 10, que é o que nos permitiría entrar por vez primeira en nova normalidade.


incidencia acumulada a 14 días cae de 60 a 55 positivos por cada 100.000 galegos. É a mellor cifra desde finais de xuño. Con todo, segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, aínda sitúa a Galicia en risco medio.

 


O dobre da incidencia semanal ( 44 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 55 ). En concreto, a razón de taxas resultante é de 0,77. Isto indica que na última semana houbo un 23% de positivos menos que na anterior.


Sendo como é un descenso moi considerable, o certo é que a evolución deste indicador non é boa. Hai unha semana estabamos nun descenso semanal do 30%. 


A taxa de positividade onte foi do 2,21%, o mellor resultado en toda esta quinta onda. Isto axuda a que o indicador que máis importa, a media móbil semanal, siga á baixa. O 3% é o mellor rexistro desde o 24 de xuño e permítenos manternos na nova normalidade que conquistamos a semana pasada.

 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -5,6%. A media semanal, o indicador máis relevante, ierde un pouco de empuxe, empeora pasando de -7,3 a -7%.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -61,que deixa o total en Galicia en 2.071 casos activos


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue perdendo gas tanto no que se refire a contagios como en cantidade de infectados. Agora ben, comparado con a semana anteiror, o brío deste descenso é cada día que pasa un pouco máis pequeno. 
  • Aproxímase, por tanto, unha fase de aplanamiento dos datos  ou un rebote. Isto é inevitable pero non ten porqué ser xa mesmo e cando máis tarde mellor.
  • Por moi boas que sexan as vacinas, non son 100% eficaces para cortar a transmisión e tarde ou cedo as cifras teñen que subir ou aplanarse do todo. Que non o fixeron xa, cando levamos dous meses desde o pico da onda, varias semanas de curso e  xa hai brotes escolares como o de Foz é algo excepcional. Só explícase polo avance da vacinación entre os maiores de 12 anos. Está por ver como afecta a concentración en case dos alumnos sen vacinar.

DATOS POR ÁREAS

Lugo, a área sanitaria onde está Foz, é precisamente o distrito que máis positivos achega (16). A Coruña queda con só 8 e é o a única zona que supera os 500 casos activos. En Ferrol deberían baixar de 50 casos activos ao longo desta semana.  




En Ferrol, Santiago e Pontevedra só queda un enfermo crítico. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 

UbpFK coronavirus en galicia desde xullo evoluci n diaria nbsp nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE