Deputados e senadores 'populares' galegos chegan a Cataluña como apoderados
En total son doce os parlamentarios galegos que se achegaron a colexios electorais cataláns
Un total de 12 deputados e senadores do Partido Popular de Galicia intervén como apoderados do PP na xornada electoral que se celebra este domingo en Cataluña.
Todos eles, excepto Miguel Tellado, atópanse en diferentes colexios da provincia de Xirona. En concreto, os deputados que se desprazaron a terras catalás foron Tristana Moraleja (Xirona) Irene Garrido (Xirona) Pedro Puy (Xirona) Cristina Abades (Xirona) Marta González (Xirona) Jaime de Olano (Sant Feliu de Guíxols).
Tamén os senadores José Manuel Barreiro (Blanes) José Manuel Balseiro (Blanes) Carmen Leyte (Blanes) Rosa Sánchez Gándara (Blanes) e Juan Serrano (Blanes).
Algúns deles xa estiveran o pasado mes nos comicios que se celebraron no País Vasco. Este domingo, en Cataluña, segundo trasladaron fontes do PPdeG, a xornada transcorre de maneira "tranquila" e a xente é "moi agradable".
Escribe o teu comentario