Varios pasaxeiros dun cruceiro amarrado na Coruña, o Marella Explorer, dan positivo por coronavirus

En todas as travesías dos cruceiros, realízanse test de covid tanto ao embarcar como durante o roteiro, e realízanse controis de temperatura cada vez que embarcan ou desembarcan pasaxeiros e tripulantes, lembra a Admnistración.A ninguén se lle escapa o potencial problema que pode supoñer un brote nun destes barcos dada a cantidade de tripulantes e persoas.


|

A Autoridade Portuaria da Coruña informa de "dous positivos entre os pasaxeiros" do Marella Explorer, que chegou esta madrugada desde Lisboa, tras pasar por Cádiz, Xibraltar e Málaga. 


O cruceiro está amarrado no porto herculino e leva abordo 631 pasaxeiros e 681 tripulantes.


O Marella Explorer nunha imaxe promocional da súa armadora

O Marella Explorer nunha imaxe promocional da súa armadora 


Está previsto que parta hoxe pola tarde. Con todo, as dúas persoas que deron positivo quedarán na Coruña "para realizar a preceptiva corentena e o seguimento médico". O resto da pasaxe, todos vacinados e con proba negativa, puideron realizar as visitas e excursións habituais, unha vez que o buque recibiu a resolución neste sentido da autoridade sanitaria.


En todas as travesías dos cruceiros, realízanse test de covid tanto ao embarcar como durante o roteiro, e realízanse controis de temperatura cada vez que embarcan ou desembarcan pasaxeiros e tripulantes, lembra a Admnistración.


A ninguén se lle escapa o potencial problema que pode supoñer un brote nun destes barcos dada a cantidade de tripulantes e persoas. Por exemplo, o Porto da Coruña recibiu esta mañá a dobre escala do “Mein Schiff 3” e do citado “Marella Explorer”, onde saltaron os dous positivos, que suman preto de 1.500 pasaxeiros e 1.400 tripulantes.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE