Covid por concellos: o brote escolar de Foz eleva a localidade ao risco extremo; gran baixada en Monforte


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios deixa moi claro cal é o impacto do brote escolar detectado en Foz, que levou á localidade lucense ao peor dos escenarios.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios deixa moi claro cal é o impacto do brote escolar detectado en Foz, que levou á localidade lucense ao peor dos escenarios.


Monforte é a outra cara da moeda ao protagonizar hoxe o maior descenso da xornada, cunha variación de 21 casos menos. A Coruña, Santiago e Lugo tamén rexistran importantes descensos.


Como Foz, Melón, Antas de Ulla, Sobrado e Vilasantar son as localidades galegas que hoxe se atopan por encima de 250 casos por cada 100.000 habitantes. Este é o valor para partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.). 



VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é do 0,76. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe con respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Foz +17
  • Ourense +3
  • Vigo +1
  • Arteixo +1



Razón de taxas das sete cidades galegas, salvo Ferrol, en nova normalidade:


  • Vigo: 0,98
  • Ourense: 0,87
  • Santiago de Compostela: 0,72
  • Pontevedra: 0,67
  • A Coruña: 0,65
  • Lugo: 0,38


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe cunha variación de cinco casos ou máis respecto a ese total onte:


  • Monforte de Lemos -21
  • A Coruña -19
  • Santiago de Compostela -10
  • Lugo -9
  • Sanxenxo -5
  • A Guarda -4
  • Pontevedra -2
  • Ames -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



DATOS DE HOXE POR ÁREA

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente e baixan a 2.387, que supoñen 193 menos que os rexistrados ata a xornada anterior, ao haber máis altas (292) que contagios (99), e ao non haber ademais ningún falecemento.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden de novo nas sete: A Coruña e Cee (-54), Santiago e Barbanza (-34), Ourense (-5), Lugo (-40), Ferrol (-13), Pontevedra e O Salnés (-17) e Vigo (-30).


Deste xeito, con máis casos segue a da Coruña e Cee, con 633; seguida da de Lugo, con 470; Vigo, con 403; Santiago e Barbanza, con 375; Ourense, con 271; Pontevedra e O Salnés, con 160; e Ferrol mantense á cola, con 75, a única por baixo do centenar.

 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Os novos contagios de Covid-19 volven caer por baixo do centenar en Galicia, mentres que a presión hospitalaria alíviase ao baixar a 107 os pacientes hospitalizados por este coronavirus --nove menos--. A taxa de positividade aumenta a un 4,63% e os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 2.387.

Así se desprende dos datos actualizados polo Sergas este sábado --con rexistros ata as 18,00 horas do venres--, nos que se recolle que soben a 28 as persoas en UCI pola Covid-19 --catro menos-- e baixan a 79 as hospitalizadas noutras unidades --cinco menos--.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende en catro das sete; mantense na de Ourense; e aumenta lixeiramente na de Pontevedra e na de Lugo.

En concreto, na da Coruña e Cee aínda que mantén en dez os pacientes Covid en UCI, descenden a 19 os doutras unidades --seis menos--; mentres que na de Santiago, continúa ingresadas dúas persoas en críticos, pero hai 13 pacientes en planta --dúas menos--.

Na de Ferrol hai un en UCI --sen cambios-- e tres noutras unidades de hospitalización --dúas menos--; na de Vigo baixan a cinco ingresados en críticos --dous menos-- e hai nove pacientes noutras unidades --uno menos--.

Por contra, na de Pontevedra, aínda que descenden os ingresados en UCI, onde só queda un paciente --dous menos--, aumentan os hospitalizados en planta, sete --tres máis--. Tamén se incrementa a presión na área de Lugo, que mantén a catro pacientes en críticos, pero que conta con 18 ingresados en unidades convencionais --tres máis--.

A área de Ourense, pola súa banda, mantense sen cambios, con 10 hospitalizados en planta e cinco pacientes en UCI. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE