A galega Alcor deixou os seus vixiantes de seguridade oficinas do SEPE, denuncia o sindicato FTSP-USO
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da USO (FTSP-USO) alerta que este verán a empresa Alcor, con base en Monforte, violou as bases do concurso público polo que conseguiu a vixilancia das oficinas de emprego de Madrid.
Unha pasada protesta contra Alcor
"Durante os meses de Julio e Agosto, en numerosos días e oficinas do SEPE, a empresa ALCOR deixou moitos servizos descubertos onde ningún Vixiante de Seguridade prestou servizo, incumprindo con iso os horarios que veñen recollidos nos pregos de condicións do contrato", asegura a central nun comunicado ao que a empresa non respondeu por agora.
Hai que ter en conta que USO e Alcor levan anos de conflito. O motivo de partida é que a monfortina non aplica o Convenio Colectivo Sectorial a moitos dos seus traballadores, senón un negociado cos representantes sindicais da compañía, que estipula salarios menores.
En concreto, un 15% menos, segundo USO. Unha rebaixa salarial que, precisamente, é clave para que Alcor conseguise unha importante presenza en todo o Estado como contratista das administracións, ao ser capaz de presentar ofertas moi baixas aos concursos.
O sindicato pide á Comunidad de Madrid que prescinda de Alcor.
Escribe o teu comentario