Messi non vale os dereitos de televisión de 50 anos, xustifica Laporta ao confirmar o adeus do dianteiro


"A decisión tómase no sentido de que o Bercelona está por encima de todo e creo que debo preservar os intereses e o patrimonio da institución", xustifícase o presidente do FC Barcelona en rolda de prensa este venres.


|

"A decisión tómase no sentido de que o Bercelona está por encima de todo e creo que debo preservar os intereses e o patrimonio da institución", xustifícase o presidente do FC Barcelona en rolda de prensa este venres.

 



Laporta na rolda de prensa de adiu00f3s a Messi



O presidente do FC Barcelona, Joan Laporta, compareceu ante os medios para explicar os motivos da saída de Leo Messi do club azulgrana. "Primeiro de todo, quero dicir que recibimos unha herdanza mala e a masa salarial deportiva representa 110% dos ingresos do club. Non temos marxe salarial. As normas que rexen LaLiga marcan unhas limitacións e non temos marxe", comezou.



"Temos uns contratos vixentes e unha masa salarial deportiva cunhas magnitudes que non nos permiten ter marxe salarial. Para que vos fagades unha idea é que o límite salarial que poderiamos afrontar é coa regra 4 a 1. Para ter 25 millóns de salario temos que liberar 100. Iso son moitos xogadores. A dirección deportiva está a traballar para reducir a masa salarial e hai algúns xogadores cos que chegamos a un acordo, pero con outros non é tan fácil", dixo.


"Para ter este xogo limpo, o Barça tiña que estar a favor dun contrato que era unha hipoteca do club de medio século, polos dereitos de televisión. Eu non estou disposto a hipotecar os dereitos do club por ninguén. Temos unha institución que está por encima de todos, mesmo por encima do mellor xogador do mundo. É certo que recibiriamos un diñeiro, pero pensamos que hipotecar os dereitos de televisión medio século non é o que convén á entidade. A Messi estarémoslle sempre agradecidos", seguiu. 


Nesta liña seguiu explicando a razón pola que o arxentino non poderá seguir vinculado ao club no que estivo os últimos 21 anos. "Inscribir a Leo pasaba por aceptar un acordo que non beneficiaba ao Barça. Poñiamos a disposición durante medio século os dereitos audiovisuais do Barça, entendemos que non o temos que facer. Leo quería quedar no Barça e nós tamén. A vontade do xogador era determinante, pero a situación económica da entidade e facer un investimento deste volume... non temos marxe salarial, excedémolo".


Con isto, concluíu: "Quero agradecer ás partes que negociaron, que tiñan que facer compatible diferentes aspectos que afectaban ás dúas partes. Dentro de LaLiga témonos que acoller a esta norma, a pesar de que pensabamos que tiña que ser máis flexible. Leo merécello todo, é un home que demostrou a súa estimación polo Barça e a súa vontade de quedar. Eu estou triste, pero estou convencido de facer o mellor para o FC Barcelona. O mellor xogador do mundo ten outras propostas".


"O primeiro que acordamos que asinase dous anos a pagar en cinco anos. Messi puxo facilidades en todo. Pensabamos que encaixaba nos criterios de LaLiga, noutros países funciona, pero aquí non foi aceptado. LaLiga tamén tiña as súas presións porque había clubs que querían que se cumprisen as normas. Despois pasamos a un contrato de cinco anos, que Leo tamén aceptou. El ten as súas intencións e os seus plans e encaixábanlle mínimo dous anos no Barça. Nós queriamos que a etapa post-Messi empezará en dous anos, pero témolo que adiantar estes dous anos. Non pode ser. Cando fixemos o contrato de cinco anos, pensabamos que podiamos renovar a Messi. LaLiga deixounos entrever que iso podería entrar. Acabou desencadeándose esta situación".  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE