Reforma converterá o mercado de Santa Lucía da Coruña en centro de saúde, centro cívico e praza de abastos

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou este mércores tras a xunta de goberno local que aprobaron o convenio coa Xunta para converter o mercado de Santa Lucía en centro de saúde, centro cívico e praza de abastos.

|

 A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou este mércores tras a xunta de goberno local que aprobaron o convenio coa Xunta para converter o mercado de Santa Lucía en centro de saúde, centro cívico e praza de abastos.


Cartel das obras no mercado de Santa Lucu00eda


Segundo o acordo de Concello e Xunta, será o Servizo Galego de Saúde o que asuma os custos da construción do centro de saúde, que contará cunha superficie de 1.750 metros cadrados. Aínda non hai cifras sobre o custo da obra, nin hai data para o inicio da mesma.


O Sergas abonará en tres mensualidades o custo total da obra, comezando co primeiro pago tras a redacción do proxecto. Ademais farase cargo dun 58% dos gastos do edificio, que son os que corresponden á superficie que será destinada ao centro de saúde. O Concello cederá á Xunta a parte correspondente ao centro de saúde por un período de 30 anos, prorrogables a outros 30.

"A aprobación deste proxecto supón darlle luz verde a un proxecto moi demandado polos veciños", dixo a alcaldesa Inés Rey, que ademais mostrou a súa satisfacción por que este acordo é "unha mostra máis do diálogo institucional polo que aposta este goberno".

ANTIGO CONCESIONARIO CITROËN
Rey tamén declarou a caducidade da licenza solicitada para o derrube do antigo edificio da Citroën. A alcaldesa dixo que era un edificio "catalogado" e considerou que é necesario "protexelo". Desta forma, o Concello asegura a permanencia do edificio na cidade.

PADRE RUBINOS

No ámbito social a xunta de goberno aprobou dúas axudas á entidade Padre Rubinos. Unha de 200.000 euros para persoas con necesidades no municipio, e outra de 150.000 euros para o servizo "calor e café".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE