Brote de coronavirus no centro de discapacidade en Sarria eleva a 18 os contaxios en residencias

|

O mesmo centro sufriu un brote de 15 positivos a principios da pandemia, en abril de 2.020


Centro de Atenciu00f3n a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria


O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria (Lugo) rexistra tres usuarios contaxiados de Covid-19, mentres que nas residencias de maiores detectouse un novo contaxio na de Val do Dura (A Coruña).


Segundo informaron este venres as consellerías de Política Social e Sanidade, ademais, saíron da lista dous usuarios da residencia de Campolongo en Pontevedra.

Deste xeito, no centro pontevedrés de Campolongo hai cinco usuarios contaxiados, ao negativizar dous dos sete detectados neste centro de maiores.

BALANCE
Por iso, nas residencias de maiores de Galicia a día de hoxe hai seis usuarios contaxiados de Covid-19, un no centro de Val do Dubra e cinco na residencia de Campolongo.

Pola súa banda, as residencias de discapacidade suman 18 casos de Covid, 15 deles dun brote de usuarios na Residencia Gravemente Afectados Valverde de Allariz (Ourense), na que tamén se detectaron tres traballadores contaxiados, e tres no CAPD de Sarria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress