A galega Greenalia compra unha firma de Estados Unidos para facer un parque solar en Texas

Quere iniciar a construción de 670MWp de solar fotovoltaica no estado de Texas, proxecto para o que conta cos permisos

|

A sociedade está a desenvolver un gran e complexo porfolito de enerxías renovables, que inclúe eólica mariña, solar, eólica terrestre e biomasa


O CEO de Greenalia, Manuel García; e a directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia, Beatriz Mato

O CEO de Greenalia, Manuel García; e a directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia, Beatriz Mato 


A produtora galega Greenalia adiantou a súa entrada no mercado estadounidense coa compra dunha sociedade de xeración de enerxías renovables, cuxa operación foi comunicada na noite deste mércores ao BME.

Con esta adquisición, Greenalia ten previsto iniciar a construción de 670MWp de solar fotovoltaica no estado de Texas. Un proxecto para o que, segundo informa nun comunicado de prensa, xa conta cos permisos correspondentes de acceso e conexión á rede e "listos para empezar a construír".

A empresa prevé, ademais, a instalación de 170MW de almacenamento con baterías. Entre ambos os proxectos, o investimento será superior aos 450 millóns de dólares, segundo os seus números.

AXENTES IMPLICADOS
A operación, coordinada polo director de Expansión de Greenalia, Alberto Expósito, contou con Orrick Herrington & Sutcliffe e Agere Energy & Infrastructure Partners como asesores legal e financeiro, respectivamente, do comprador; e AtZ Advisors como asesor financeiro do vendedor. Greenalia non dá a coñecer o nome da sociedade que comprou.

"A aposta da administración estadounidense polas enerxías renovables ha aberto un panorama atractivo para o sector que debemos aproveitar", destaca o CEO da compañía, Manuel García.

García tamén subliña que, "con esta decisión, a empresa diversifica o factor risco ao estar en dous continentes e, ao mesmo tempo, adquire unha maior estabilidade e seguridade para dar cumprimento aos obxectivos previstos no plan estratéxico".

O CEO da compañía destacou que EE.UU. é un mercado prioritario para a empresa e no que Greenalia, "pola súa estrutura e forma de facer", está segura de que "será capaz de facer grandes proxectos". "EE.UU. é un país que se adapta perfectamente á nosa filosofía de traballo, polo que estou convencido de que seremos capaces de ter un crecemento rápido nese mercado", incide.

NOVOS PROXECTOS
A maiores desta compra, Greenalia ten previsto o inicio da tramitación de novos proxectos de fotovoltaica, eólica e de almacenamento a medio prazo, para o que seguirá estudando lacompra doutras sociedades do sector co obxectivo de avanzar "de forma rápida" nun sector á alza en EE.UU. e formar parte á vez do proceso de descarbonización a nivel mundial.

Na actualidade, Greenalia conta cun porfolio de máis de 3GW, diversificado en catro tecnoloxías (eólica terrestre, eólica mariña, solar fotovoltaica e biomasa), á que se suma agora a de almacenamento.

Durante 2020, en plena pandemia, iniciou a tramitación dos primeiros parques eólicos mariños flotantes de España, que se desenvolverán en Gran Canaria, e puxo en marcha a maior planta de biomasa do sur de Europa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE