Máis axentes de Policía en Santiago polo Apóstolo e 21 axentes en prácticas da Garda Civil na provincia

|

Hai días que xa hai máis presenza de axentes das UIP, popularmente coñecidos como antidisturbios, e o helicóptero sobrevoa unha zona vella que está moi concorrida de turistas.


As forzas e corpos de seguridade do Estado preparan o dispositivo de seguridade con motivo esta fin de semana da ofrenda ao Apóstolo no marco das festas grandes de Santiago de Compostela.


PEDRO SÁNCHEZ E FELIPE VI
Para iso, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, foi informada na Comisaría de Santiago este mércores dos "principais detalles e características" do dispositivo preparado para esta fin de semana.

Este xoves terá lugar a reunión na que se pechará o dispositivo de seguridade que se despregará esta fin de semana na capital galega, á que este domingo está previsto que acuda a Familia Real, os reis coas súas fillas, entre outras autoridades con motivo da ofrenda ao Apóstolo. Ademais o día 25 estarán en Santiago o presidente do Goberno e varios ministros para o Consorcio da cidade. 

NOVOS AXENTES
Por outra banda, a subdelegada do Goberno na Coruña deu a benvida aos 21 gardas civís que desde esta semana desenvolverán as súas prácticas formativas na provincia coruñesa e animoulles a aproveitar este período para adaptarse e prepararse para os "grandes retos" que terán que afrontar durante o seu futuro profesional, informou a Delegación do Goberno.

María Rivas apelou ao "compromiso e vocación" dos novos axentes, a quen lembrou a importancia da formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para garantir a seguridade cidadá. Neste sentido, lembroulles que "asumen unha gran responsabilidade ao converterse nos garantes da seguridade dos coruñeses e coruñesas".

Nun acto celebrado na comandancia da Coruña, xunto ao coronel Francisco Javier Jambrina, a subdelegada do Goberno trasladou aos futuros gardas civís a responsabilidade de traballar para que A Coruña sexa aínda máis segura.


A sudelegada cos novos garda civís

A sudelegada cos novos 21 garda civís 


Por iso, lembrou aos alumnos que agora se enfrontan aos novos retos que cada vez son "máis diversos e variados", á vez que lles manifestou que "non só é importante o labor que poidan levar a cabo, senón tamén as formas e maneiras de facelo xa que en moitas ocasións serán a propia imaxe da Administración e do Estado ante a cidadanía".

Os 21 gardas civís realizarás as súas prácticas en 13 cuarteis da provincia, nas localidades de Fene, Melide, Noia, Ordes, Ortigueira, Outes, Sada, Arteixo, Boiro, Cambre, Culleredo, Carballo e Oleiros. Dos 21 gardas, catro son mulleres.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress