Sandra Ortega, filla de Amancio Ortega, denuncia polo penal a Leyte, o histórico xestor da súa nai
A tendencia rompeuse esta primavera debido ao conflito interno que sofre nas súas finanzas Sandra María Ortega Mera, a filla maior do matrimonio que revolucionou a moda e a industria fundando Zara e Inditex. Logotipo de Room Mate sociedade participada por Sandra Ortega e na que pediu unha importante cantidade de diñeiro A fonte do escándolo é o conflito con Jose Francisco Leyte Verdejo, o xestor que durante máis dunha década manexou o patrimonio da muller mais rica de España, Rosalía Mera.
A familia máis rica de Galicia, os Ortega, son moi poucos dados a xerar titulares. A tendencia rompeuse esta primavera debido ao conflito interno que sofre nas súas finanzas Sandra María Ortega Mera, a filla maior do matrimonio que revolucionou a moda e a industria fundando Zara e Inditex.
Logotipo de Room Mate sociedade participada por Sandra Ortega e na que pediu unha importante cantidade de diñeiro
A fonte da liorta é o conflito con Jose Francisco Leyte Verdejo, o xestor que durante máis dunha década manexou o patrimonio da muller mais rica de España, Rosalía Mera. A finais do ano pasado, Sandra María despediu a Leyte Verdejo. Intúese que en non en moi bos termos, pois lle outorgou a liquidación mínima legal, 6 meses de salario, de indemnización.
O directivo contratacó este ano reclamando unha indemnización maior aducindo ser un empregado e, celebrado o xuízo e a espera de sentenza, Ortega acaba de reaccionar denunciándoo, segundo informa Bekia, por estafa. Segundo eldiario, as denuncias son dúas, por falsidade documental e administración desdelal.
"Estou moi triste. Eu fun o primeiro empregado. Fixen todo o que se fixo nesa oficina e traballei de xeito conxunto. Aínda que a querela quede en nada, é un mal grolo" contestou Leyte.
Durante esta batalla xudicial, Sandra foi movendo pezas para afastar a Leyte das súas empresas. Segundo figura no Rexistro Mercantil, o directivo foi expulsado nos últimos meses dos consellos de administración da Sicav Soandres de Activos, Breixo Investimentos, Room Mate e Tafay 2000 SL.
Ortega Mera preside a SICAV e Breixo Investimentos. A galega é unha das principais accionistas de Room Mate, a polémica e deficitaria cadea de hoteis boutique cuxa cara visible é Kike Sarasola e do seu instrumento de investimento, Tafay 2000. O buraco creado nas contas da herdeira por aventúraa hostaleira de Room Mate é un dos motivos do conflito.
Escribe o teu comentario