Alerta laranxa por temperaturas de case 40 graos en Ourense e alerta amarela noutras comarcas interiores

|

A AEMET, pola súa banda, mantén alertas de nivel amarelo por calor en Ourense entre as 14 e as 19 horas 


Mapa de temperaturas mu00e1ximas leste o seu00e1bado publicado por Meteogalicia en Twitter

Mapa de temperaturas máximas este sábado publicado por Meteogalicia en Twitter 


Meteogalicia activou ás 15,00 horas deste sábado o aviso laranxa por altas temperaturas na zona do río Miño en Ourense, onde os termómetros poderían superar os 39 graos.


En concreto, segundo se reflicte na web deste servizo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, esta alerta por calor estenderase durante seis horas, ata as 21,00.

Mentres tanto, tamén de 15,00 a 21,00 horas, Meteogalicia manterá activado un aviso amarelo por temperaturas superiores aos 34 graos na zona do Miño e no litoral da provincia de Pontevedra, así como no suroeste e no interior da da Coruña.

Ademais, as temperaturas superarán os 36 graos na comarca de Valdeorras, no sur e no noroeste de Ourense e no sur de Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress