Un incendio forestal en Carballeda corta a vía do tren temporalmente e xa queimou 100 hectáreas
                     O lume de Sobradelo, municipio de Carballeda en Ourense, prendeu esta tarde e xa queimou o equivalente a 150 campos de futbol regralmentarios, aproximadamente

   En concreto, a Consellería solicitara o corte da catenaria por motivos de seguridade e ADIF suspendera o servizo ferroviario entre Quereño --municipio de Rubiá-- e O Barco, correspondentes ao traxecto León-Monforte de Lemos. Mentres tanto, proporcionouse transbordo por estrada aos usuarios deste tramo.
   As últimas informacións de Medio Rural apuntan a que o incendio se orixinou na parroquia de Sobradelo na tarde deste sábado, sobre as 16,35 horas, e que leva arrasadas xa 50 hectáreas.
   Para o control deste lume forestal, traballan catro axentes, 11 brigadas, cinco motobombas, unha pa, tres avións e sete helicópteros.
                
    
					
Escribe o teu comentario