Feijóo e a alcaldesa de Narón presentan o novo centro de saúde de Narón que empezará a funcionar pronto

A Xunta investiu case seis millóns e o Concello outros 2,7

|

A infraestrutura tardou doce anos en materializarse desde que se asinou o primeiro acordo para contruirla nunha das poucas localidades galegas que gañou recentemente moita poboación


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inauguran o novo centro de saúde desta localidade coruñesa.O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inauguran o novo centro de saúde desta localidade coruñesa /EP


Doce anos despois de que Sanidade e Concello de Narón asinasen o primeiro convenio para a súa construción, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa do oitavo concello de Galicia en poboación, Marián Ferreiro, inauguraron este venres o novo centro de saúde de Narón, "un dos máis fermosos de España", tras un investimento de case seis millóns de euros procedentes da Administración autonómica e 2,7 millóns, ademais da cesión de terreos, achegados polas arcas municipais.

O presidente galego ha estado acompañado, entre outras autoridades, do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e do xerente da área Sanitaria de Ferrol, Anxo Facio.

FEIJÓO SACA PEITO POLOS INVESTIMENTOS
Feijóo enmarcou este novo equipamento sanitario, "excepcional desde o punto de vista arquitectónico e de integración na parcela, un dos máis fermosos de España", sinalou, na política que, segundo manifestou, leva desenvolvendo a Xunta desde 2009 e que na comarca de Ferrol traduciuse no investimento de 10,5 millóns "só en Atención Primaria", con tres centros de saúde novos nas Somozas, A Capela e Ares e cinco "ampliacións e reformas, en Cabanas, Valdoviño, As Pontes e Serantes (Ferrol)".

Feijóo avanzou que a próxima semana comezará a prestarse asistencia sanitaria nun centro que amplía a súa "carteira de servizos" con respecto ao anterior, inaugurado en 1995, cando o municipio tiña algo máis de 32.000 habitantes.

CRECEMENTO POBOACIONAL DE NARÓN
Hoxe, con 39.000, Narón conta xa, sinalou o presidente autonómico, "cun dos grandes centros de saúde de Galicia", unha infraestrutura que responde o "aumento de poboación sostido" do municipio nas últimas décadas e que, como Punto de Atención Continuada, beneficiará tamén aos municipios de Valdoviño e Neda. "Era imprescindible que Narón contase con esta nova infraestrutura", asegurou.

O presidente galego ha destacado que o centro é "un 60% máis grande que o anterior, con máis de 4.000 metros cadrados de sanidade pública" e subliñou a ampliación da carteira de servizos, con máis consultas nas áreas que xa tiña, a incorporación doutras, como Radioloxía, e a "mellora das urxencias que non pechan, cunha consulta máis de medicina xeral e dúas máis de enfermería".

"UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA NARÓN"
A alcaldesa, Marían Ferreiro (TEGA), manifestou na súa intervención que é "un día moi importante para os naroneses e as naronesas" porque se materializa un proxecto "moi ansiado polo que levabamos moito tempo esperando, máis do que desexabamos".

Tras eloxiar o esforzo do persoal sanitario ao longo destes meses de pandemia, Ferreiro tivo tamén palabras de agradecemento para o seu antecesor, José Manuel Blanco, e para o exconselleiro Jesús Vázquez, "por dar eses primeiros pasos para que o centro sexa hoxe unha realidade".

Así mesmo, recalcou que as instalacións son "de primeiro nivel" e incidiu en que a colaboración entre administracións é a liña para seguir e, por iso, tendeu a man ao Executivo autonómico para afrontar novos retos. "Este é un exemplo, o centro de saúde era moi necesario, e temos que seguir colaborando para novas infraestruturas e servizos", afirmou.

Neste proxecto, o Concello, ademais da cesión dos terreos nos que se asenta, achegou 1,5 millóns, así como outros 580.000 euros para a urbanización da contorna e os accesos e os 600.000 que se están investindo na habilitación dun aparcamento en superficie con capacidade para uns 200 vehículos.


Centro de Saúde de Narón nunha foto de José Ramón Rey Varela

Centro de Saúde de Narón nunha foto de José Ramón Rey Varela 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE