Empeora o covid e non é un problema de hoxe: crecen a incidencia bisemanal e os casos activos

|


Galiciapress leva días advertindo de indicios de empeoramento. Os 113 novos positivos por PCR comunicados hoxe, a peor cifra do mes, converten eses indicios en sinais claros. 


Soben as incidencia acumulada semanal, a bisemanal, o total de casos activos e a media da taxa de positividade. Algúns destes indicadores levaban moitísimo tempo sen sufrir alzas.


A deterioración das cifras no distrito sanitario da Coruña é o principal factor deste rebote.

 



Así, a incidencia acumulada semanal crece máis dun punto, de 19,6 a 20,6. É o maior salto no que levamos de mes e o terceiro día de ascenso na última semana.


incidencia acumulada a 14 días aumenta de 41,2 a  41,4. No que levabamos de mes só crecera unha vez, pero levaba xa días que o seu descenso perdía fol hasa aplanarse case por completo.


O dobre da incidencia semanal (41,2  ) é practicamente o mesmo que a incidencia bisemanal (41,4  ). Isto confírmanos que se está esfumando a melloría, pois os positivos na última semana foron practicamente os mesmos que na penúltima.


A taxa de positividade onte foi do 2,96%. Por si soa non é unha cifra preocupante, o preocupante é que o a peor porcentaxe desde o 16 de abril. Logicamente isto repercute na media semanal, que sobe de 2,1 a 2,23%, o peor número en case un mes.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no mellor dos niveis posibles. Correspóndelle nova normalidade ás autonomías cunha media semanal inferior ao 4%. Moito tería que agraverse este rebote para que o país perdese este nivel que mantivo desde mediados de febreiro. Para logralo, iso si, o SERGAS debería empezar a facer máis PCRs outra vez.  A media diaria de PCRs, que hai un mes andaba polas 8.000, esborrallouse a menos de 3.500.


A gráfica da incidencia acumulada semanal fala por ela soa. A melloría tras o fin da cuarta onda está a extinguirse. Faio en nivel de risco baixo, pero máis preto de volver a risco medio que de alcanzar a ansiada nova normalidade.


A incidencia semanal empezou a aplanarse mentres a bisemanal continuaba o seu descenso. Como era de esperar, a irmá pequena contaxiou á irmá maior ata o punto de atoparnos cun repunte hoxe. Dado que a incidencia a 14 días é un indicador pouco proclive a rebotes puntuais, pódese falar xa dun cambio de tendencia? Afortunadamente aínda é temperán para concluír isto. O que si se pode afirmar é que as esperanzas de alcanzar a nova normalidade este mes hanse esfumado case por completo.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados sobe hoxe un +0,7% . Isto contribúe a que a media semanal, o indicador máis relevante, complete un longo e preocupante paso fai cero, pasando do -3,1% ao -2,4%.


Cando máis preto de cero estea este índice, máis amodo estarase movendo a pandemia. Neste caso, ao moverse en algarismos negativos pero ir aproximándose a cero, a derivada está a contarnos que cada día os casos activos seguen sendo menos -desde unha perspectiva semanal- pero tamén cada día ese descenso é máis debil.



En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un aumento de +9 ,que deixa o total en Galicia en  1.355 casos activos. É a primeira vez que sobe o total de casos activos desde o 20 de maio, hai case un mes.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A caída do coronavirus en Galicia tras a cuarta onda extinguiuse por completo desde unha perspectiva semanal. Desde un plano a 14 días, o país aínda conserva unha ligerísima tendencia á baixa.
  • Agora mesmo é imposible saber se isto é un repunte puntual ou se consolida un cambio de tendencia a peor. Ao que podemos dicir adeus é ás esperanzas de lograr a nova normalidade pronto.
  • A que se debe estes problemas? Un factor que os explican son o alivo das restricións e o consecuente relajamiento da poboación. Contagios e vacinación levan meses competindo e coas restricións vixentes ata hai unhas semanas a vacinación avanzaba tan rápido que os contagios, trabados polas limitacións, descendía. Agora mesmo parece que nin o veloz ritmo de vacinación é capaz de trabar o aumento de contagios, algo que pode ter que ver coa cada vez maior presenza de cepas máis contaxiosas, como a delta, antes coñecida como variante india.




DATOS POR ÁREAS

A Coruña volve ser o distrito foco dos problemas, pois volve liderar a clasificación de áreas con máis novos diagnósticos, 38 de 113. O máis preocupante é que non é algo puntual, é unha tendencia que  dura case xa dúas semanas. 



O 5 de xuño o distrito da Coruña tocaba fondo con 324 casos activos, tras o aumento de +9 hoxe ten 410. Non había tantos casos activos na Coruña desde o 28 do mes pasado.  Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


I3OMx  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (11)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress