Repunte significativo na Coruña nos dous últimos días mentres Vigo recupera o risco baixo




A cifra máis sorprendente da xornada é o +14 do cómputo semanal do Concello da Coruña. É sen dúbida o maior responsable de que lvos números de hoxe de Galicia non sexan tan bos como estabamos afeitos. Ata que punto pódese dicir que hai un rebote de covid-19 na Coruña?


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios confirma que a Galicia urbana segue, en termos xerais, bastante por detrás da Galicia rural na carreira por entrar na nova normalidade.


Claro que hai excepcións. Así, os concellos con peores datos na última semana, en proporción á súa poboación, son todos rurais: Toques (único por encima de 250 de incidencia semanal, en negro no mapa), O Vicedo, Mañón, San Sadurniño e Triacastela (cunha incidencia acumulada entre 125 e 250, en vermello escuro no mapa).







Municipios de máis de 10.000 habitantes cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Arteixo +2
  • Pontevedra +2
  • Carballo +3
  • Santiago de Compostela +3
  • Coruña (A) +14




Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Ourense -11
  • Vigo -6
  • Lugo -2



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 



COMPARATIVA POR CIDADES

As cidade con peores niveis de covid-19 na última semana é Lugo, pero cunhas cifras practicamente idénticas ás da Coruña e Ourense, ao redor dos 35 diagnósticos por 100.000 habitantes. O resto está por baixo dos 25, o que lles permite gozar de nivel de risco baixo segundo os criterios do semáforo oficial para este indicador, en amarelo no mapa de Galiciapress e en verde nos gráficos do doutor Luís Vázquez. Por certo, que Vigo estaba onte en risco medio e hoxe cae a risco baixo grazas ao -6 de hoxe:



Ampliando o plano a 14 días vemos que Santiago é a única cunha incidencia menor a 50 e, por tanto, é a única en risco baixo. O resto segue en risco medio, sendo a peor Ourense, aínda que Lugo ten un índice moi similar ao ourensán:



REPUNTE NA CORUÑA

A cifra máis sorprendente da xornada é o +14 do cómputo semanal do Concello da Coruña. É sen dúbida o maior responsable de que lvos números de hoxe de Galicia non sexan tan bos como estabamos afeitos. Ata que punto pódese dicir que hai un rebote de covid-19 na Coruña?


Se miramos á súa curva de positivos a 14 días, observamos que, efectivamente, nos dous últimos días hai un repunte significativos de casos. A incidencia acumulada tocaba fondo a principios de semana con 47 positivos por cada 100.000 coruñeses en 14 días e agora está en 57. 


Os próximos días deberán dicirnos se estamos ante un cambio de tendencia ou só ante un repunte puntual, que non sería o primeiro desde que empezou a extinguirse a cuarta 'olita'. Por agora, fontes oficiais da EOXI herculina do SERGAS indican a Galiciapress que non teñen noticia de ningún brote en concreto en colexio, residencia ou similar. 





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

O rebote na cidade da Coruña déixase notar claramente na curva de casos activos de o distrito sanitario de A Coruña, que experimenta unha visible subida hoxe, pasando de 344 a 361 casos activos. É a maior cifra no que levamos de xuño.




En canto aos casos activos de Covid-19 a nivel Galicia, alcanzan os 20 días de descenso continuo e redúcense a 1.581 no conxunto de Galicia, 32 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas que contagios.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Vigo (-30), Santiago e Barbanza (-16), Pontevedra e O Salnés (-14) e Ourense (-7); aumentan nas de A Coruña e Cee (+27) e Ferrol (+8); e mantéñense sen cambios na de Lugo. 


Deste xeito, a área de Vigo continúa á cabeza en casos activos, con 386; seguida da da Coruña e Cee, con 361; Lugo, con 208; Santiago e Barbanza, con 206; Pontevedra e O Salnés, con 157; Ourense, con 155; e Ferrol á cola con 108.



DATOS DE HOXE POR ÁREA

Pola súa banda, os novos contagios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en Galicia han repuntado por encima do centenar por primeira vez esta semana ao ascender a 105 --supoñen 20 máis que os 85 do día anterior--, tras iniciarse o luns con 54, aumentar a 82 o martes e reducirse a 71 este mércores.


No conxunto da Comunidade galega foron confirmados 106 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, que implican 21 máis que o día anterior, deles 43 na área da Coruña e Cee; 16 na de Vigo; 15 na de Ferrol; 12 na de Lugo; oito na de Santiago e Barbanza; sete na de Pontevedra e O Salnés; e cinco na de Ourense. 



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade,


6aGj1 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE