Novos niveis de restricións por municipios: ningún concello confinado ou en nivel alto

Ningún concello da Comunidade galega estará desde o vindeiro sábado no nivel máximo de restricións, nin sequera no alto, segundo anunciou este martes a Consellería de Sanidade tras a reunión do comité clínico que analiza a evolución da pandemia por coronavirus.
   Así, o comité de expertos determinou que estea no nivel medio de restricións o municipio de Mos, que este luns pasara ao nivel alto, tras estar pechado perimetralmente. No nivel medio estarán tamén os municipios de Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.
   Ademais, segundo un comunicado de Sanidade, "o resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo", o que inclúe á Pobra do Caramiñal, municipio costeiro que este luns tamén pasara ao nivel alto tras estar un período pechado.
   Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do sábado, mentres que o comité volverá reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica. 
 
     
					
Escribe o teu comentario