A téxtil Pili Carrera e as súas 40 traballadoras salvadas por un investidor de Valencia, adianta a alcaldesa de Mos

Un investidor valenciano ha iniciado o proceso para facerse coa téxtil galega Pili Carrera, que está xestionada neste momento por un administrador concursal, e prometeu a reincorporación do persoal, segundo avanzou o Concello de Mos.

|

A marca galega é unha das máis coñecidas en todo o mundo no subsector da moda infantil 


O seu prestixio, impulsado por ser popular entre a nobreza permitiulle comercializarse en 800 tendas de todo o mundo, de Nova York a Abhu Dhabi



Sede de Pili Carrera en Mos nunha imaxe de Google Street View


Un investidor valenciano comezou o proceso para facerse coa téxtil galega Pili Carrera, que está xestionada neste momento por un administrador concursal, e prometeu a reincorporación do persoal, segundo avanzou o Concello de Mos.


Fontes municipais informaron de que a propia alcaldesa, Nidia Arévalo, mantivo nas últimas horas un encontro co empresario, e deu a venda por "firme", aínda que o administrador concursal de Pili Carrera matizou que "a venda dunha empresa concursada é un proceso moi longo" e o xulgado aínda non deu o visto e prace á operación.

En todo caso, a rexedora asegurou que ese investidor xa está "a organizar a posta en marcha da empresa, que implicará a contratación inminente de 40 dos traballadores de Pili Carrera, aínda que a intención é a de ir contando con todos e incorporándoos ao persoal paulatinamente".


POSIBLE CAMBIO DE SEDE

Nidia Arévalo trasladou a súa disposición para colaborar co fin de que a empresa quede no municipio, ou ben nas instalacións de Torroso onde se atopa a súa sede, ou ben nunha nova localización no parque empresarial PEMOS-Veigadaña. Respecto diso, Arévalo avanzou que manterá contactos en próximos días con Xestur, coa Asociación de Empresarios de Mos e con técnicos municipais, por se Pili Carrera opta por un novo emprazamento.


A firma téxtil de roupa infantil, fundada en 1963, anunciou no principio do ano que iría á liquidación, aburada polas perdas e incapaz de superar unha situación agravada pola pandemia de Covid.


Tras case 60 anos de actividade e unha planta de produción en Torroso (Mos), Pili Carrera chegou a ter unha rede de máis de medio centenar de tendas en España e outra ducia de países, e os seus deseños foron vestidos polos nenos e nenas de varias casas reais europeas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE