Os restos atopados en Asturias son os de Fiz Patiño Rubial, o mozo de 23 anos desaparecido en Narón

Trátase de Fiz Patiño Rubal, de 23 anos, cuxa desaparición fora denunciada polos seus familiares en novembro

|

As probas de ADN confirman que os restos atopados por dous senderistas o pasado 28 de febreiro en Ibias, Asturias, corresponden ao veciño de Narón desaparecido en novembro. 


Foi a familia do raparigo a que denunciou a desaparición do mozo despois de non dar sinais logo de trasladarlles que ía a unha localidade de Lugo e que despois pasaría uns días en casa dun amigo.


Lugar no que apareceron os restos humanos que corresponden ao veciño de Narón de 23 anos desaparecido en novembro

Investigación polo achado do corpo de Fiz Patiño Rubal | Foto: EP


As probas de ADN confirmaron que os restos humanos achados por dous senderistas o pasado 28 de febreiro no lugar de Alguerdo, no municipio asturiano de Ibias, son de Fiz Patiño Rubal, un mozo de 23 anos veciño da parroquia de San Xiao, en Narón (A Coruña).

Os familiares de Fiz Patiño denunciaran a súa desaparición para mediados do mes de novembro de 2020. O mozo comunicara que se trasladaba a unha localidade de Lugo e que despois pasaría uns días en casa dun amigo.

Con todo, os seus familiares e achegados nunca tiveron noticias del. Pasadas unhas semanas, presentaron unha denuncia na comisaría da Policía Nacional e activouse un dispositivo de procura no que tamén colaborou a plataforma SOS Desaparecidos.

En febreiro, uns senderistas que camiñaban por un camiño en Asturias atopáronse cuns restos humanos. Os indicios apuntaban á posibilidade de que o cadáver correspondese a Fiz Patiño, xa que no lugar apareceron varias das súas pertenzas persoais, como unha mochila desta cor verde.

Este extremo foi confirmado a través das probas de ADN, segundo apuntan fontes consultadas por Europa Press.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE