Só Lobios queda pechado, Cambados, Padrón e Laza recuperan a mobilidade e oito municipios quedan en nivel alto
Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros son as localidades galegas que pecharán o interior da súa hostalería o vindeiro sábado.
Só Lobios, cunha incidencia superior aos 250 casos por 100.000 habitantes, queda pechada perimetralmente en Galicia, segundo establece o comité clínico.
Reunión do comité clínico | Foto: EP
O municipio ourensán de Lobios quedará pechado o sábado 22, o único en situación de nivel máximo de restricións, que tamén inclúe toque de queda entre as 23 e as 6 horas. Por tanto, Laza, Cambados e Padrón ven alixeirada a súa situación e recuperan a súa mobilidade e volverán ter hostalería.
Ademais, o comité clínico ha determinado o nivel alto de restricións nos concellos que incrementou a súa incidencia ou se manteñen con datos elevados: Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros. Nestes concellos só está aberta a hostalería nas terrazas e a un 50 por cento.
No nivel medio de restricións, con hostalería aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas, permanecerán desde o sábado os seguintes municipios: Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.
Escribe o teu comentario