Nas negociacións de ERC e Junts para chegar ao acordo de goberno, mediáticamente quedou fóra de xogo Carles Puigdemont, que a pesar de que se han celebrado unhas eleccións séguese considerando presidente da Generalitat e como tal ten “a potestade” de seguir dirixindo ao independentismo. Este feito non lle fixo ningunha graza. Así que calquera ocasión é boa para saír á palestra e soltar algunhas das súas paridas para que os medios podamos recollelas e facer de voceiros.
Se hai uns días varios medios de comunicación publicaban que Marrocos podería concederlle asilo político a Puigdemont, con gran sorpresa de case todos, esta semana, Puigdemont devolvíalle o favor ao país “ultra democrático marroquí” ao manifestar o seu apoio ao reino de Marrocos no conflito diplomático-humanitario que mantén con España.
O apoio dialectico -twittero de Puigdemont ao opresor réxime marroquí chama poderosamente a atención -non é novo- do talante humanitario e político do fuxido. O drama das máis de 9.000 persoas -máis de 2.000 nenos e mozos que non chegan á maioría de idade- que enviou o réxime autoritario do rei máis rico de África só merece a repulsa máis contundente. O seu rei, que a maior parte do ano vive en Francia nun dos seus moitos palacios, deixa morrer de fame a os seus súbditos, que teñen que fuxir do seu país expoñéndose á morte como se foi comprobando ao longo dos anos. Que clase de gobernante e xefe espiritual é o rei Mohamed VI con esta actuación? Non ten o menor escrúpulo en empuxar aos nenos para marcharse do seu país. É un ditador a quen só move o luxo, a avaricia, e o diñeiro.
Que Puigdemont aproveite a situación dramática e inhumana destas persoas pola vinganza do réxime autoritario porque España permitiu que o líder da Fronte Polisario, enfermo, estea a ser atendido, por motivos humanitarios nun hospital español, di moito da calidade do expresidente da Generalitat de Catalunya. Todo non vale, a ética, a responsabilidade e a humanidade que reclama para el, non a ten para os demais. Está a perder Puigdemont algo mais que a súa humanidade, coherencia e solidariedade? Dicía Arthur Schopenhauer que “o patriotismo é a paixón dos parvos e a máis parva das paixóns”. En situacións como estas, en que se necesita o apoio e solidariedade de todos, o mellor é estar calladitos. É a maneira de non meter a pata e ser considerado insolidario. Non se trata de ser patriota, trátase de ser persoa. Non me gustan os patriotas, de ningunha ideoloxía, as persoas están por encima dos símbolos, as bandeiras e os territorios. Puigdemont, calladito estás máis guapo e ademais disimulas as túas carencias.
Escribe o teu comentario