Deputación da Coruña presume de "956 quilómetros de costa e un camiño infinito" como reclamo turístico
Xosé Regueira, vicepresidente do ente provincial, recalca que na Coruña "ofrecen recursos de especial interes para as demandas que se impoñen despois da crise sanitaria".
Espazos abertos, natureza, tranquilidade, destinos non masificados, patrimonio...moitos son os alicientes que presentou a Deputación coruñesa en Fitur.
Xosé Regueira | Foto: EP
O vicepresidente e deputado de Turismo de a Deputación da Coruña, Xosé Regueira, defendeu na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está celebrando en Madrid, o bo posicionamento dos xeodestinos da Coruña e a súa "fortaleza" para a recuperación do sector turístico despois da crise.
En distintas intervencións no programa da feira, Regueira destacou a calidade dos recursos e produtos para responder ás novas demandas do turismo despois da covid.
Destinos non masificados, seguridade, calidade, paisaxe, patrimonio e mar son, para o vicepresidente da Deputación, centrais na oferta dos seis xeodestinos da Coruña que, segundo apuntou en Fitur, "ofrecen recursos de especial interes para as demandas que se impoñen despois da crise sanitaria".
Por outra banda, destacou que a campaña de promoción da Deputación da Coruña ofrece "956 quilómetros de costa e un camiño infinito" como reclamo para quen busca "espazos abertos, paisaxe, tranquilidade e destinos saudables".
Escribe o teu comentario