Unha nena sobrevive traes caer desde un sexto piso no centro de Vigo

A menor aínda non está fóra de perigo. A Policía Nacional indica que non hai indicios de criminalidade, todo apunta a un desgraciado accidente.


|

Calleju00f3n de Nuu00f1ez en Vigo
Canellón de Nuñez en Vigo

Unha menor, de 10 anos de idade, resultou ferida grave na noite deste pasado xoves tras precipitar desde o balcón da súa casa en Vigo.

Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 23.30 horas e foi un particular o que solicitou asistencia médica para unha menor que se caeu desde unha vivenda no canellón de Núñez, en Vigo.

Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou aos servizos médicos do 061-Galicia, así como á Policía Nacional e á Policía Local.

Finalmente, unha ambulancia trasladou con vida á menor a un centro hospitalario da cidade.

Fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press confirmaron o ocorrido e explicaron que se investiga como un feito accidental, indicando que a menor, de 10 anos, caería do balcón da súa vivenda.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE