Covid municipios: Cangas e Ribeira soben a risco extremo, repunta Pontevedra e Vigo segue mellorando

|

A comarca de Vigo foi unha das máis golpeadas pola cuarta onda pero agora só queda Tomiño por encima do risco medio 


Os únicos cinco municipios que seguirán con toque de queda e perimetrados a partir do domingo son Cambados, Vilanova, Cualedro, Laza e Padrón. Deles, Cambados, Padrón e Laza están en risco extremo segundo a escala semanal, con máis de 250 positivos por 100.000 habitantes, en negro no mapa. Laza e Padrón melloran un pouco hoxe, pero Cambados segue emporando.


É fundamental lembrar que o mapa de incidencia acumulada semanal, elaborado con Galiciapress cos datos que remite a Xunta, non coincide co mapa de restricións que fixa o Goberno.  Por exemplo, en negro tamén está desde hai días Fornelos de Montes. Con todo, Fornelos, por agora, non está perimetrado, a pesar de que 250 á semana é o criterio a partir do cal o SERGAS valora perimetrar concellos.  E é que a Xunta non perimetra automaticamente todos os municipios que pasan de 250 semanais, valora outros factores, coma se os brotes están ben delimitados, por exemplo, en determinada familia ou aldea dun municipio rural e pouco poboado, como Fornelos.



Cangas hai tempo que estaba en risco alto. Con todo, o preocupante +11 de hoxe pon á vila en risco extremo. En Cangas saltaron 36 casos na última semana, cando o domingo o seu cómputo era de 20.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Betanzos +1
  • Oleiros +5
  • Cambados +5
  • Pontevedra +5
  • Ribeira +8
  • Cangas +11



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -19
  • Lugo -7
  • Ourense -7
  • Vilagarcía de Arousa -7
  • Ames -6
  • Coruña (A) -6
  • Padrón -6
  • Chantada -4
  • Laza -4
  • Carballo -2
  • Lalín -2
  • Porriño (Ou) -2
  • Cambre -1
  • Tomiño -1
  • Vilanova de Arousa -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

Coa melloría de hoxe Lugo dá un paso significativo para saír do risco medio actual e pasar ao risco baixo, do que xa gozan Ferrol e Santiago. Para conseguilo, Lugo ha de baixar a súa incidencia acumulada semanal de 25. Tras o -7 do seu cómputo semanal hoxe, ponse en 37.



A 14 días parece que non hai ningunha cidade en disposición de entrar caer no risco baixo no que xa están Compostela e Ferrol. Para logralo hai que baixar de 50, a máis próxima é Ourense, e aínda está en 87 a pesar do seu descenso hoxe.



A caída de Vigo nas últimas xornadas foi tan tan rápida que A Coruña está a piques de converterse na cidade con peores niveis de Galicia a sete días. Con todo, é máis mérito vigués que demérito coruñés, pois a curva a 14 días da Coruña está case plana, mesmo lixeiramente á baixa.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Pace cinco días que o distrito de Vigo alcanzou os 945 casos activos, o seu teito por agora nesta cuarta onda. Desde entón, a tendencia xeral é claramente á baixa, o que indica que, salvo sorpresa, esta área deixou o peor da cuarta onda detrás, pese á alza hoxe en Cangas do Morrazo.


Non sucede o mesmo coas áreas de Santiago e Pontevedra, cunha notable tendencia á alza, impulsada agora polos municipios, respectivamete, de Ribeira e Cambados e en semanas anteriores polos concellos da Pobra e Vilanova.




Respecto a onte, a nivel galego os casos activos de Covid-1 descenderon lixeiramente a 3.064, oito menos, tras dúas xornadas consecutivas de aumento.


Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en catro das sete áreas sanitarias: Santiago e Barbanza (+13), Pontevedra e O Salnés (+4), A Coruña e Cee (+3) e Ourense (+1); mentres que baixan nas outras tres: Vigo (-20), Ferrol (-6) e Lugo (-3).

Deste xeito, a área de Vigo mantense á cabeza con 877 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 705; a de Pontevedra e O Salnés, con 492; Santiago e Barbanza, con 408; Ourense, con 223; e Ferrol segue á cola, con 87. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

En relación aos novos contagios de Covid detectados con calquera tipo de proba descenderon ata os 195 tras o repunte a 225 da xornada anterior --30 menos--; despois de iniciarse esta semana con 103; aumentar a 125 o martes e subir a 189 o mércores.

Do total de positivos, 179 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas na Comunidade galega, dos cales 49 corresponden á área de Vigo; 45, á da Coruña e Cee; 32, á de Pontevedra e O Salnés; 22, á de Santiago e Barbanza; 19, á de Ourense; oito, á de Lugo; e catro, á de Ferrol.

 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade na mañá deste venres con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, descenden a 45 os pacientes Covid hospitalizados en UCI en Galicia --tres menos-- mentres que ascenden a 152 os que permanecen noutras unidades --tres máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Ourense, Santiago e Barbanza e Lugo; mantense na de Ferrol e aumenta na da Coruña e Cee; Vigo e Pontevedra e O Salnés.

Deste xeito, na área da Coruña e Cee redúcense a 11 os pacientes Covid en UCI --dúas menos-- e ascenden a 50 os doutras unidades --sete máis--; mentres que na de Vigo seguen 12 en críticos e aumentan a 38 os doutras unidades --tres máis--.

Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés continúan oito pacientes Covid en UCI e soben a 22 os doutras unidades --uno máis--; mentres que na de Ferrol seguen dúas en críticos e oito noutras unidades.

Por contra, na de Ourense descenden a 12 os pacientes en unidades convencionais de hospitalización --tres menos-- e sete continúan en UCI; na de Santiago e Barbanza seguen catro en críticos e redúcense a 17 os doutras unidades --cinco menos--; e na de Lugo baixan a un o críticos --un menos-- e mantéñense cinco noutras unidades. 


XS2z7 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (7)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress