A alza de positivos hoxe non consegue por agora cambiar o rumbo do covid en Galicia que segue case plano


Galicia está nun punto de inflexión, onde a pandemia deixou de crecer pero aínda non está claro que camiño emprenderá agora


|

Galicia está nun punto de inflexión, onde a pandemia deixou de crecer pero aínda non está claro que camiño emprenderá agora


A taxa de letalidade derrubouse a menos da metade da que sufrimos durante o pico da terceira onda grazas á vacinación dos maiores



Os  novos positivos confirmados por PCR son 174. É un salto considerable desde onte, cando houbo 101. A pesar da mala cifra de hoxe, o importante é que a media semanal non empeora. 


A incidencia acumulada semanal mesmo baixa un pouquiño, de 45,2 a 45,0. Este indicador descendeu en  o últimos tres días, tras aplanarse nas xornadas previas. A súa evolución dá esperanzas de que Galicia chegue ao cume desta cuarta onda pronto e os positivos empecen a baixar. 


Abrindo o foco, a incidencia acumulada bisemanal aínda non evoluciona tan ben. De feito, hoxe sobe, de 85 ,8 a 87,3. Non era tan grande desde o  6 de marzo. Esta serie non ten unha tendencia clara en os últimos  días.  De ser real a mellora que se intúe na incidencia semanal, é normal que a incidencia bisemanal tarde aínda uns días en deixar ver un descenso, pois a súa evolución depende de datos do dobre de días.


A tendencia xeral por tanto en Galicia é case plana e sen un rumbo claro. O país parece estar preto dun punto de inflexión e aínda non é seguro que camiño emprenderá.


taxa de positividade segue controlada a pesar de que o 2,6% de hoxe é o peor dato en cinco días. A media semanal ponse no 2,3%,  continuando unha tendencia de leves altibaixos dentro dun rango excelente.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

A taxa de positividade continúa no mellor dos niveis posibles, nova normalidade, que o semáforo estatal adxudica aos territorios con menos do 4% de positividade semanal.


As dúas incidencias acumuladas continúan en nivel de risco medio, pero máis próximas a risco alto que a risco baixo. Se Galicia logra consolidar os leves indicios de mellora, é realista pensar que nunca máis suba a risco alto, dado o avance da vacinación.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A derivada da curva de casos activos confírmanos que a pandemia está a perder forza, a pesar de que os casos activos crezan un +0,9% hoxe. O máis importante é que a media móbil semanal cae, aínda que sexa pouco, de +1,3% a +1,2%.


En termos absolutos, estas porcentaxes implican que hai 26 máis, elevando o total a 3.048 casos activos. O a maior cantidade de infectados desde o 9 de marzo. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas para analizar, podemos inferir que:

  • A pandemia está próxima a un punto de inflexión. Empezou a gañar terreo pouco despois de Semana Santa. O seu avance foi perdendo brío nas pasadas semanas ata a situación actual, na que a incidencia semanal empeza a baixar e a bisemanal está practicamente plana.
  • Que camiño emprenderá agora? Volverá subir ou empezará un descenso que converta definitivamente esta cuarta onda nunha 'olita'? É imposible adiviñalo, entre outros factores porque depende de a evolución de moitos brotes locais. Unha das claves está na incidencia bisemanal. Se finalmente este indicador empeza a baixar, podemos estar seguros de que a cuarta onda está a remitir.
  • Salvo gran sorpresa, por exemplo a chegada dunha cepa resistente ás vacinas, Galicia non volverá sufrir a traxedia de xaneiro e febreiro. As vacinas reduciron a taxa de mortalidade moitísimo. A media da pandemia era do 2% aproximadamente ata a súa chegada. As vacinas xa baixárona ao 1,8%. Nos últimos 30 días é do 1,4% e desde mediados de marzo a taxa de letalidade semanal non chega ao 1%. Galicia xa administrou máis dun millón de vacinas e case todos os maiores de 70 recibiron polo menos a súa primeira dose. 

DATOS POR ÁREAS

A dispar evolución da pandemia é unha das preocupacións do SERGAS. As áreas de Pontevedra e Vigo son as máis castigadas por esta cuarta onda. Hoxe Pontevedra suma un número de positivos desproporcionado á súa poboación. Os seus 35 non están lonxe dos diagnósticos de distritos moito máis poboados, como A Coruña (42) ou Vigo (49).




Ferrol segue sendo a área con mellor evolución nos últimos días. Hoxe só suma cinco diagnósticos. O distrito deparamental ten 2 enfermos críticos e outros 8 nunha cama convencional. Ao ser a área máis pequena e quizais a máis periférica dentro das comunicacións internas de Galicia, ten moitas papeletas de conseguir ser a primeira en acabar co covid-19. Así xa sucedeu no verán de 2020.

 

I3OMx  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (10)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE