Un de cada tres estudantes de ESO termina sen saber falar ben en galego, indica un estudo

Freixanes advirte das cifras: "A realidade evidencia unha situación que non podemos aceptar"

|

O estudo, que se pode descargar na web da Real Academia Galega non atopa demasiados cambios coa situación de 2009, pese a adopción do polémico decreto de prurilingüismo


O galego segue retrocedendo a primeira ollada entre os mozos , pero sobre os de espazos urbanos e da periferia das cidades



Presentación do estudo sobre competencia de idiomas da RAGPresentación do estudo sobre competencia de idiomas da RAG /RAG


Un de cada tres alumnos castelánfalantes finaliza os seus estudos en Secundaria cunha escasa competencia en lingua galega. É unha das conclusións do estudo elaborado pola Real Academia Galega co apoio da Deputación de Pontevedra, para avaliar a competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO.

PRESENTACIÓN 
O traballo estivo a cargo do 'Seminario de Sociolingüística' da Academia Galega e o acto de presentación dos resultados contou coa presenza do presidente da institución, Víctor Freixanes, dúas dos autores, María López e Henrique Monteagudo, e a deputada María Ortega, en representación da Deputación de Pontevedra como entidade colaboradora.

O estudo constou que a pesar de que a' xeración Z' ou dos 'centennials' finaliza a ESO cunha competencia aceptable nas dúas linguas oficiais, existe un acusado desequilibrio en detrimento do galego

Así, mentres que o alumnado galegofalante mostra un dominio similar nos dous idiomas, máis dun 35% do castelánfalante ten unha escasa competencia en galego.

MENOS DO 20% APRENDE A FALAR PRIMEIRO EN GALLEGO

Case o 44% dos preto de 600 estudantes de 26 centros de secundaria participantes na mostra sinalaron que tiñan ambos os idiomas por lingua inicial, o 36,1% indicou que o castelán e o 18,1% sinalou o galego.

Case o 70% dos participantes responderon que falan única ou preferentemente o castelán, mentres que só fai un uso prioritario do galego o 30%.

O estudo mostra que un importante sector do alumnado cunha escasa competencia en galego, principalmente na comunicación oral e na comprensión léxica, afectando sobre todo a castelánfalantes residentes en zonas urbanas ou periurbanas.

Así mesmo, aqueles que acoden a institutos públicos conclúen a ESO cunha competencia semellante en ambas as linguas, fronte aos centros da rede privada, onde o dominio resulta bastante máis deficiente en galego que en castelán.

DECRETO DO PLURILINGÜISMO
Henrique Monteagudo considera que os datos mostran que o cambio na lexislación, coa implantación do sistema plurilingüístico en Galicia desde 2010 e a supresión da discriminación positiva do galego nos centros, acentuou aínda máis este desequilibrio a favor do castelán.

Neste sentido, lembrou que lestes datos xa comezaban a igualarse en en estudo anterior de competencias elaborado no ano 2009.

"Non podemos aceptar a situación actual, que conduce na práctica a un abandono progresivo do galego", sinalou Freixanes apuntando á importancia das escolas como base para o futuro do idioma á vez que pediu unha reflexión dos poderes políticos.

Os especialistas indicaban a necesidade de motivacións e condicións de uso para que, ademais, o galego poida desenvolverse noutros espazos con normalidade entre os menores.

Neste sentido, Víctor Freixanes explicaba esa necesidade de que haxa propostas de lecer, publicitarias, económicas, deportivas e nos medios de comunicación que permitan desenvolver actividades en lingua galega. Ademais lembrou que o seu uso permite comunicarse con outras partes do mundo porque "non só é unha lingua local".

Freixanes indicou que a Academia traballa con datos e estudos de campos sobre os que sostén as súas afirmacións e diagnósticos, lembrando que os obxectivos estratéxicos da educación obrigatoria contemplan que se logre unha competencia plena nos dous idiomas oficiais de Galicia, o galego e o castelán.

"A realidade evidencia unha situación que non podemos aceptar", indicou o presidente da RAG, advertindo da importancia da mocidade para o futuro da lingua galega nunha sociedade marcada por formatos dixitais.

ESPAZO FAMILIAR
Segundo indicou María López Sández, profesora da Facultade de Ciencias dá Educación, o espazo familiar é o contexto de maior importancia para o desenvolvemento da oralidade mentres que a escola preséntase como o lugar para adquirir as competencias escritas e o coñecemento do código, segundo o estudo.

A deputada María Ortega incidiu en que a Deputación de Pontevedra seguirá promovendo estes estudos para adoptar políticas ao redor da lingua galega e seguirán apoiando iniciativas das entidades que traballan a favor da defensa deste idioma en ámbitos como a ciencia, a economía, o dereito ou o deporte, entre outras áreas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE