BNG e PSdeG formalizan o seu rexeitamento á universidade privada de ABANCA que "duplica" titulacións da pública

BNG e PSdeG pediron que se devolva o proxecto de lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada de Galicia e que está promovida por Afundación, debido a que a oferta formativa que expón "duplica" titulacións das universidades públicas galegas e "esquece" a investigación. Para iso, presentaron na Cámara galega senllas emendas á totalidade contra o proxecto de lei.

|

Nacionalistas e socialistas galegos reclaman no Parlamento de Galicia que se devolva o proxecto de lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa impulsado por ABANCA.


Escotet recoñeceu recentemente que o plan segue cos pasos previstos, pero os dous grupos critican que se esqueza a investigación e ofértense graos que xa existen nas universidades galegas. 


Juan Carlos Escotet

Juan Carlos Escotet | Foto: EP


BNG e PSdeG pediron que se devolva o proxecto de lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada de Galicia e que está promovida por Afundación, debido a que a oferta formativa que expón "duplica" titulacións das universidades públicas galegas e "esquece" a investigación. Para iso, presentaron na Cámara galega senllas emendas á totalidade contra o proxecto de lei.


En concreto, o PSdeG remarcou que "os títulos proxectados (pola universidade que promove Afundación) xa existen en Galicia como tales, nalgúns casos en varios campus". De feito, sinalou que a súa implantación supoñería o incumprimento de requisitos recolleitos no decreto que regula os ensinos universitarios oficiais en Galicia e que indica que "o catálogo de titulacións ofertadas deberá ser complementario e non reiterativo".


Tamén apuntou que non se contemplan os ingresos previstos para o fomento da investigación e reprobou a "absoluta falta de transparencia e opacidade" do procedemento de tramitación da lei, que "foi denunciada polas tres universidades galegas".


Pola súa banda, o Bloque considerou na emenda presentada que a lei resulta "innecesaria" dado que o sistema universitario galego "cumpre coas necesidades de titulación que hai no país".


Nun comunicado, a formación nacionalista tamén puxo o foco en que a proposta formativa da universidade de Afundación "duplica" moitas das titulacións existentes no sistema universitario galego e "esquece por completo a investigación", un dos eixos que deberán "impulsar a recuperación tras a pandemia". Ademais, advertiu de que a implantación da Universidade Intercontinental da Empresa conlevará que as consideracións económicas supoñan o factor determinante para a selección do alumnado por primeira vez en Galicia.


Así as cousas, o BNG concluíu que este proxecto de lei representa un "ataque" ao sistema público universitario e "outro paso" para "favorecer a privatización da universidade galega.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE