O persoal de limpeza da provincia da Coruña demanda na rúa "un convenio xusto"

Traballadoras e traballadores do sector da limpeza da provincia da Coruña mobilizáronse este xoves durante a xornada de folga convocada en demanda dun "convenio xusto".

|

Protestas a pé e en choche coparon hoxe nas cidades da provincia, onde os traballadores e traballadoras da limpeza reclamaron un novo convenio para o sector.


De feito, apenas un milleiro de traballadores poden exercer o seu dereito á folga a pesar de que o convenio afecta a ao redor de 10.000 persoas. 


Varias persoas con fregonas e unha pancarta nunha protesta convocada por CIG, CCOO e UXT para visibilizar a folga do sector da limpeza na provincia da Coruña

Traballadores da limpeza | Foto: EP


Traballadoras e traballadores do sector da limpeza da provincia da Coruña mobilizáronse este xoves durante a xornada de folga convocada en demanda dun "convenio xusto".

Fixérono portando fregonas e cun percorrido que, no caso da Coruña, incluíu unha marcha de vehículos e a pé con percorrido por distintos establecementos que teñen contratados o servizo de limpeza e ante sedes de diferentes empresas que o prestan.

Trátase dunhas mobilizacións convocadas por CIG, CCOO e UXT, centrais que puxeron en cuestión uns servizos mínimos, ao seu xuízo, "abusivos", de entre o 70 e o 100%, segundo apuntaron. Isto fixo, engadiron, "que das 10.000 persoas afectadas polo convenio só unhas 1.000" poidan exercer o dereito á folga.

En Santiago, segundo informou a CIG, a xornada comezou cun grupo de coches conformando un piquete móbil no polígono do Tambre, ademais de concentracións ante centros comerciais e cun percorrido por distintas rúas, do mesmo xeito que A Coruña ou Ferrol.

Para Paulo Rubido, representante da CIG na mesa de negociación, non se está ante unha patronal "que poida xustificar a súa negativa para mellorar as condicións salariais e sociais pola pandemia, senón que viu incrementado o seu volume de negocio polas desinfeccións".

En concreto, as centrais sindicais denuncian que non se ofreza un incremento salarial polo ano pasado e que a proposta sexa de "un 1% para 2021". A iso, suman "un recorte de dereitos en convenio colectivo como a xubilación parcial ou o dereito para incrementar xornada mulleres que na súa inmensa maioría traballan a tempo parcial".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE