España mantén pechada a súa fronteira con Portugal ata polo menos o 16 de abril
O inicio da lllegada da cuarta onda provoca que se estenda unha medida que dificulta moito a vida nos concellos fronteirizos. En Galicia supón, ademais, outro golpe máis ao turismo, pois é habitual que cidadáns lusos acudan a zonas como as Rías Baixas a gozar das praias.
O inicio da chegada da cuarta onda provoca que se estenda unha medida que dificulta moito a vida nos concellos fronteirizos. En Galicia supón, ademais, outro golpe máis ao turismo, pois é habitual que cidadáns lusos acudan a zonas como as Rías Baixas a gozar das praias.
As traballadoras poden seguir cruzando a fronteira por motivos laborais, pero o número de pasos abertos é menor o que, xunto cos controis, provoca serios inconvenientes
Este sábado publicouse unha nova actualización do Boletín Oficial do Estado e nel comunícase a ampliación do peche da fronteira entre España e Portugal ata o 16 de abril.
Nun principio este peche estaba contemplado ata o 6 de abril, pero agora vese ampliado polo menos durante 10 días máis.
"A situación epidemiolóxica en España e Portugal aconsella o mantemento de medidas preventivas restritivas da mobilidade no interior do territorio e, en xusta correspondencia, tras as debidas consultas coas autoridades portuguesas, decidiuse manter os controis na fronteira interior terrestre entre ambos os países despois de Semana Santa", di o documento.
Escribe o teu comentario