Luís César enfróntase á guillotina de Tino Saqués tras só cinco partidos
Ademais, a derrota ante un rival directo como é o Sabadell a pasada fin de semana non fai máis que acrecentar a desconfianza en Luís César, que non deu coa tecla desde a súa chegada nesta a súa segunda etapa no Anxo Carro, e deixar o descenso a só catro puntos.
O encontro ante o Málaga podería supoñer unha nova destitución no CD Lugo.
Presentación de Luís César | Foto: CD Lugo
Tres de quince puntos e só dous goles a favor. O CD Lugo está a mirar á cara ao abismo, o futuro de Luís César pendendo dun fío e Tino Saqués coas tesoiras na man. O paupérrimo rexistro do técnico galego desde a súa chegada obriga á dirección do cadro lucense a afrontar o partido ante o Málaga como unha verdadeira final na que só queda vencer ou morrer.
Os galegos chegan ao duelo ante o conxunto andaluz necesitados de puntos e feridos despois do 6-1 que lle endosou As Palmas no seu último choque. Ademais, a derrota ante un rival directo como é o Sabadell a pasada fin de semana non fai máis que acrecentar a desconfianza en Luís César, que non deu coa tecla desde a súa chegada nesta a súa segunda etapa no Anxo Carro, e deixar o descenso a só catro puntos.
O de Vilagarcía é o terceiro técnico do equipo lugués no que vai de tempada e o onceavo que senta no banco da cidade amurallada desde a chegada de Tino Saqués á dirección da entidade fai máis de cinco anos. Son máis de dous adiestradores por curso, pero en Málaga podería bater o seu récord se Luís César non gana, xa que hai moitas posibilidades de que sen unha vitoria na marcadora tras seis partidos, a segunda etapa do preparador galego sexa máis curta do esperado.
Porque sen gañar desde xaneiro e sen signos de melloría desde o cambio de adestrador, na cidade xa se palpa un novo cambio de ciclo se o equipo non carbura á de xa, algo que sabe o propio Luís César. “Hai que darlle unha volta a todo porque isto non funciona. Este partido fai que treman os cimentos emocionais dos xogadores, pero hai que pensar que só perdemos tres puntos e que debemos recuperarnos canto antes porque o domingo temos outro partido importante e temos que demostrar que somos un equipo de verdade”, explicou o adestrador dos albivermellos antes da final anticipada.
Escribe o teu comentario