​Coristanco e Vigo “pariron” aos galegos máis caros do planeta

O portal Transfermarkt, referencia en finanzas futboleiras, sitúa a dous laterais como os futbolistas galegos de maior valor.


|

O portal Transfermarkt, referencia en finanzas futboleiras, sitúa a dous laterais como os futbolistas galegos de maior valor.


Jonny otto

Jonny Otto | Foto: wolves.co.uk


O mundo do fútbol non é apto para mortais. Por iso, falar de millóns de euros é algo cotián. Isto é algo que admitimos irremediablemente polas astronómicas cifras que se manexan hoxe no mercado, onde os clubs contan con orzamentos maiores que o PIB de moitos países. E como un futbolista vale tanto como estea disposto a pagar o equipo interesado, non poucas webs encárganse de estimar o valor de cada xogador, sendo Transfermarkt a referencia mundial neste campo.


Segundo o famoso portal de fútbol finanzas, Mbappé é o xogador máis caro do planeta cun valor de 180 millóns. Pero a nivel galego, son moitos os futbolistas cuxo valor supera o millón. Nese sentido, Angeliño, futbolista do Leipzig, é o galego máis caro: 35 millóns de euros. O de Coristanco é a día de hoxe una das sensacións no panorama europeo e desde que aterrou en Alemaña, cando chegou procedente do Manchester City con prezo estimado de 16 millóns na web, o seu valor foi en constante aumento ata o seu tope nestes momentos aos seus 24 anos.


E sen saír dos laterais, tamén un carrilero e tamén zurdo (aínda que con capacidade de xogar en calquera dos dous costados) é o segundo galego máis caro. Jonathan Castro Otto, 'Jonny', ao que as lesións lle han privado de practicamente toda a tempada (regresou aos terreos de xogo en febreiro tras superar a súa lesión de xeonllo) era un fixo no esquema de Nuno e un dos xogadores máis querido do Wolverhampton. Transfermarkt dá ao vigués un valor de 15 millóns.


Tamén Lucas Vázquez, con 15 millóns, atópase en segunda posición como o galego máis caro. O futbolista de Curtis, ademais, creceu este ano grazas á confianza de Zidane, que o ten como o seu home comodín. Así, pasou de valer 10 millóns en novembro ao 15 desde xaneiro.


Tras estes, vén unha retahila de futbolistas do Celta de Vigo: Santi Mina e BraisMéndez, cun valor de 12 millóns cada un, e IagoAspas e Denis Suárez, con 10 millóns. Xa “máis baratos” veñen Borja Iglesias e RubénBlanco, con 7 millóns, e Lucas Pérez e HugoMallo, con 5 quilos.


GALEGOS DE ADOPCIÓN

Mención parte merecen as familias Alcántara e Moreno. Aínda que nin Thiago (San Pietro Vernotico, Italia), nin Rafinha (Sao Paulo, Brasil), nin o seu “primo” Rodrigo Moreno (Río de Janeiro, Brasil) teñen “pasaporte” galego, os tres teñen unhas raíces moi profundas no fútbol do país, xa que foron criados en Vigo.


Con estes antecedentes, o maior dos Alcántara, hoxe no Liverpool, empata no alto da táboa con Angeliño cun valor de 35 millóns. Rodrigo sería a prata, con 20 millóns. Rafinha, como Jonny e Lucas Vázquez, conta cunha estimación de 15 millóns. Ademais, Thiago chegou a ter unha cotización de 70 millóns de euros en xuño de 2019, a máis alta de todas entre os galegos se admitimos aos galaico-brasileiros.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE