Rábade rexistra un brote de coronavirus con polo menos sete positivos; o alcalde di que está "controlado"
O alcalde de Rábade (Lugo), Kiko Fernández Montes, confirmou que no municipio acumulan sete casos de Covid-19 dun brote controlado, o que dispara a incidencia a 15 días por encima de 400 por cada 100.000 habitantes nun concello onde residen 1.600 veciños.
A incidencia acumulada a 14 días no municipio lucense ascende por encima dos 400 casos por cada 100.000 habitantes.
"As persoas contaxiadas son conscientes da situación e son persoas que non van causar ningún tipo de risco extraordinario", subliña o alcalde rabadés.
Profesional sanitario cun EPI | Foto: EP
O alcalde de Rábade (Lugo), Kiko Fernández Montes, confirmou que no municipio acumulan sete casos de Covid-19 dun brote controlado, o que dispara a incidencia a 15 días por encima de 400 por cada 100.000 habitantes nun concello onde residen 1.600 veciños.
Fernández Montes precisou que no concello xa estiveron "nesta situación", á vez que sinalou que se trata dun "brote localizado entre unha contorna familiar ampla".
O alcalde puntualizou que tivo a primeira noticia "o xoves pola noite" e xa o domingo o Sergas comunicoulle a intención de facer un "cribado na zona onde foi o brote, que é un edificio, en concreto nun bloque de tres edificios".
"Eu expúxenlles a posibilidade de amplialo (o cribado) e facelo a uns edificios adxacentes porque é unha zona que hai moito contacto entre eles. Alí vive moita xente, é unha das zonas máis poboadas da vila e alí foi onde houbo un maior número de afectados", subliñou.
Kiko Fernández Montes corroborou que o "domingo comezou a facerse o cribado que se ha resolvido con resultados satisfactorios e demostra que o brote está controlado".
"As persoas contaxiadas son conscientes da situación e son persoas que non van causar ningún tipo de risco extraordinario. Temos que soportar as limitacións pero cremos que a cousa non vai ir a maiores", concluíu o alcalde de Rábade.
Escribe o teu comentario