Arrinca o segundo certame literario de Gadis cos microrrelatos de novo como protagonistas
Os 100 microrrelatos finalistas figurará no libro do concurso, do que Gadis editará 10.000 exemplares.
A cadea de supermercados convoca a segunda edición da súa concruso de microrrelatos, cun prazo de inscrición aberto ata o próximo 30 de xuño.
Os 100 microrrelatos finalistas figurará no libro do concurso, do que Gadis editará 10.000 exemplares.
O prazo de inscrición finaliza o próximo 30 de xuño | Foto: Gadis
As bases son senciallas: en 100 palabras os participantes deberán expresar “o significado persoal” que os autores dean a “os descubrimentos”, que serán o tema central de cada un dos microrrelatos.
A través das palabras, os participantes deberán dar renda solta á imaxinación para trasladar no menor espazo posible unha narración capaz de impoñerse aos demais. “Unha nova canción que pos en bucle cando tes un mal día, darche conta de que esa comida que nunca soportaches agora encántache, aqueles momentos nos que comprendes o que de verdade importa ou cando atopas ese sitio que che dá paz”, exemplifican desde a compañía.
Ademais de formar parte do libro que editará Gadis, o concurso establece tres premios. O gañador, escollido polo xurado, levará un Samsung Galaxy Tab A, mentres que o segundo clasificado gozará dunha cámara de fotos Intax Mini. O bronce será premiado cunha Cafeteira Philips L’Or.
Na edición de 2020 “1.819 persoas de todo o territorio nacional animáronse a mostrar o seu enxeño coa escritura e o resultado foi un libro cos cen finalistas no que a emotividade por todo o vivido estaba moi presente”.
Escribe o teu comentario