Unha denuncia de case 1.000 km: Policía de Lugo sanciona a un viandante tras recibir unha chamada desde Alacante

A Policía Local de Lugo tramitou proposta de sanción contra unha cidadán que foi localizado camiñando pola rúa, sen máscara e fumando, tras recibir un aviso dunha persoa que vive en Alacante, e que vira ao suposto infractor nun vídeo en directo en redes sociais.

|

924 km separan a Lugo de Alacante, pero nin esa distancia evitou que un viandante fose "delatado" ante a Policía Local de Lugo por camiñar sen máscara e fumando.


O detonante da denuncia, que chegou á cidade amurallada desde a beira do Mediterráneo, foi un vídeo que emitiu o infractor en redes sociais, onde se lle vía incumprindo as normativas. 


Imaxe da CRTVG dunha pasada intervención da Policía Local de Lugo

Policía Local | Foto: EP


A Policía Local de Lugo tramitou proposta de sanción contra unha cidadán que foi localizado camiñando pola rúa, sen máscara e fumando, tras recibir un aviso dunha persoa que vive en Alacante, e que vira ao suposto infractor nun vídeo en directo en redes sociais.


Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron na mañá do pasado xoves, cando o 092 recibiu un aviso dunha persoa residente en Alacante, e que alertaba de que estaba a ver un vídeo en directo a través de redes sociais, no que un viandante camiñaba por unha rúa de Lugo, sen usar a máscara e fumando.


Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio localizou a este home na Avenida de Ramón Ferreiro, precisamente cando estaba a acabar o vídeo en directo. Tras ser identificado foi proposto para sanción por non usar máscara e por fumar sen garantir a distancia interpersoal.

Ademais, durante a pasada fin de semana, a Policía Local de Lugo tramitou outra trintena de denuncias por infraccions da normativa sanitaria antiCOVID, entre elas, a varias persoas que participaron en festas particulares de madrugada, sen usar máscara e sen respectar as restricións sobre reunións de non conviventes e sobre o 'toque de queda'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE