Así son os requisitos para os os negocios do Bono turístico #QuedamosenGalicia2 da Xunta

|

A Xunta pagará ata 200 euros a cidadáns galegos para que os gasten en establecementos turísticos do país, segundo as condicións do programa


Os particulares aínda teñen que esperar a solicitalo. Agora é a quenda das empresas interesadas enchan a solicitude de adhesión


O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria e as bases da segunda edición do programa Bono Turístico, denominada '#QuedamosenGalicia2', que abre o mércores o prazo de adhesión de establecementos.


Termalbalneario






TARXETA PREPAGO DE BANCA
Trátase dunha tarxeta de prepago que se entregará ás persoas que resulten beneficiarias do procedemento e que se activará no momento en que cumpra cos requisitos determinados no mesmo.

A tarxeta prepago, que emitirá a entidade bancaria colaboradora (neste caso Abanca), estará operativa ata o 15 de decembro de 2021, data na que perderá toda a súa vixencia.

Poderá ser empregada nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa a través da presente convocatoria.
NON VALE PARA APARTAMENTOS TURÍSTICOS DE PARTICULARES
A iniciativa está destinada a empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico.

Ademais poderán beneficiarse axencias de viaxe que, con independencia do lugar no que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa no territorio.

Os interesados poderán darse de alta e adherirse ao programa a través de 'Turespazo' ata o 15 de decembro. A oferta irase actualizando a medida que este proceso de adhesión avance e revísense as diferentes propostas, co cumprimento de requisitos e medidas hixiénico sanitarias para reforzar a idea 'Galicia Destino Seguro'.

O bono estará aberto ao conxunto da poboación e permitirá mobilizar preto de 6,8 millóns de euros, potenciar a actividade e impulsar a reactivación do sector.

As axudas materializaranse a través dunhas tarxetas das que a Xunta asumirá o 60 por cento. Os bonos serán de tres tipos: un de 250 euros, outro de 375 e un terceiro de 500 euros. Cada solicitante poderá optar a un bono por persoa, que se resolverá por orde de entrada da solicitude.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou a "boa acollida" da iniciativa polo sector, mediante a "estimulación do consumo" de produtos e servizos turísticos no territorio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress