Controlado o incendio que queimou 30 hectáreas queimadas na parroquia compostelá de Figueiras
A Consellería do Medio Rural informou da estabilización do incendio forestal rexistrado este sábado no concello de Santiago de Compostela, concretamente na parroquia de Figueiras.
Medio Rural informou a medio día de que o lume, que comezou ao redor das 6 horas, estaba xa estabilizado.
Segundo as primeiras informacións, preto dunha trintena de hectáreas víronse afectadas polo lume.

Incendio en Figueras | Foto: EP
O incendio orixinouse ás 5,50 horas e, segundo as últimas medicións proporcionadas por Medio Rural sobre as 12,50 horas en Twitter, afecta a unha superficie dunhas 30 hectáreas.
Ademais, remarca que hai un teléfono anómico e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario